3 Natsu Natsu Mini Berryz (3夏夏ミニベリーズ?) é o cuarto álbum do grupo xaponés de J-Pop chamado Berryz Kobo, lanzado ó mercado o 5 de xullo do ano 2006 baixo o selo Piccolo Town e producido por Tsunku. É o segundo lanzamento orientado a unha estación do ano (o seu anterior traballo de estudio "Special! Best Mini ~2.5 Maime no Kare~" estaba baseado no inverno en canto a imaxes, se ben é certo que as cancións non facían referencia o mesmo) e inclúe o single "Jiriri Kiteru" máis cinco cancións exclusivas deste álbum. O álbum é igual de importante para os fans das compoñentes de Berryz tanto por separado como en grupo, xa que nel inclúese unha serie de cover de cancións relacionadas co verán doutros membros do Hello! Project como son Aya Matsuura, Coconuts Musume e 3nin Matsuri.