Śarīra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Śarīra

Śarīra (sánscrito: शरीर ) é un termo xenérico para referirse ás reliquias budistas, aínda que comunmente fai referencia a unhas particulares de forma irregularmente esférica, como perlas, de cores variadas e de materiais duros. Venéranse en todas as tradicións buditas: Theravada, Mahayana e vajrayana.

Reliquias de Buddha procedentes de Peshawar, agora en Birmania

A diferenza das reliquias noutras relixións, reliquie in altre religioni, as śarīra non son estritamente parte do corpo físico dunha persoa, pero procúrase por elas entre as cinzas logo da cremación considerándose secrecións. Así, máis ca restos dun corpo, considéranse algo máis. Ademais pénsase que co paso do tempo mudan de aspecto físico e multiplícanse.

Poden producilas non só o Buda mais tamén os arhat ou persoas particularmente dotadas espiritualmente, en particular monxes eminentes, e nalgúns casos poden aparecer tamén nas estupas.

Consérvanse en pequenas estupas, en relicarios de cristal ou inseridas no interior de estatuas veneradas. Tan só no caso do Buda o termo śarīra tamén se emprega para referirse os restos corporais, como é o caso do dente conservado en Sri Lanka

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Buddha's relics from Kapilavastu / K. M. Srivastava - Delhi: Agam Kala Prakashan, 1986
  • Relics of the Buddha / John S. Strong. - Princeton, N.J. : Princeton University Press, c2004.
  • The relics of the Buddha : a study of the cult of relic veneration in the Theravāda Buddhist tradition of Sri Lanka / Kevin Michael Trainor. - Ann Arbor, MI: U.M.I., 1990.
  • Jewel in the ashes: Buddha relics and power in early medieval Japan / Brian D. Ruppert. - Cambridge, Mass. : Harvard University Asia Center, 2000.
  • Embodying the Dharma: Buddhist relic veneration in Asia / edited by David Germano and Kevin Trainor. - Albany, N.Y. : State University of New York Press, c2004.
  • Body language: Indic śarīra and Chinese shèlì in the Mahāparinirvāṇa-sūtra and Saddharmapuṇḍarīka / Jonathan A. Silk. - Tokyo: International Institute for Buddhist Studies of the International College for Postgraduate Buddhist Studies, 2006.