Ángel Anido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángel Anido Sánchez»)
Ángel Anido
Nacemento1852
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento9 de xuño de 1901
Lugar de falecementoParaná
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Ángel Anido Sánchez, nado en Santiago de Compostela en decembro de 1852 e finado en Paraná o 9 de xuño de 1901[1], foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose con 21 anos. En 1874 obtivo o grao de doutor. Trasladouse a Vigo onde foi médico municipal e director do Hospital da Casa-hospicio. Embarcouse para Montevideo a principios de 1876, permanecendo no país seis anos. Marchou a Arxentina en 1882 onde foi médico do Asilo Romero Jiménez e despois da Asociación Española de Socorros Mutuos e de Italia Unita. Tivo unha abnegada actuación na Revolución de 1890 como membro da Cruz Vermella. Colaborou en Almanaque Gallego, e pertenceu á Asociación Patriótica Española de Buenos Aires da que foi elixido presidente en 1900.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Ayala, filla do tenente xeneral Ayala.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Galicia, 348, 20-6-1901, p. 1-3.