Álvaro Miniño Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 ![]() Oia, España ![]() |
Morte | 19 de marzo de 2010 ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Álvaro Miniño Rodríguez, nado en Oia en 1937 e finado en Pontevedra o 19 de marzo de 2010, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1976 foi nomeado tenente de alcalde do concello de Oia. En 1978, foi designado alcalde en substitución de Manuel García Vázquez. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. A partir de 1983 pasou a encabezalas candidaturas de AP (logo PPdeG) e manténdose na alcaldía con maioría absoluta como alcalde de Oia nas sucesivas eleccións, ata que en 2003 optou por non presentarse á reelección e foi sucedido á fronte da candidatura popular e da alcaldía por Alejandro Rodríguez Rodríguez. Foi fundador e presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
Predecesor: Manuel García Vázquez |
![]() Alcalde de Oia 1978 - 2003 |
Sucesor: Alejandro Rodríguez Rodríguez |