Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1986 Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, profesor de ensino secundario |
| Premios | |
Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta, nado en Pontevedra en 1986, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Historiador da Arte, é profesor de Xeografía e Historia no ensino medio. Publicou relatos nos portais dixitais Amateurs Hotel e The Barcelona Review. Foi un dos finalistas do premio Cosecha Eñe 2017. Cursou o Máster de Edición Universidade Autónoma de Madrid-Taller de Libros e traballou no mundo editorial como lector de manuscritos, corrector, tradutor e tamén en prensa. En 2022 gañou o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Cristais rotos.[1][2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Veintitantos problemas, 2017.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Lo que no se dice. Dos Bigotes, 2014.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Tandaia 2017 por Veintitantos problemas.
- Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta 2022 por Cristais rotos
- 2026: Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, por Ensino para místicas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Premio Xosé Neira Vilas de novela curta para o escritor Álvaro Domínguez". El Correo Gallego.
- ↑ "Álvaro Domínguez gaña o sétimo Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta". Faro de Vigo. 28 de outubro de 2022.
- ↑ Valcárcel, Sara (2026-03-26). "Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta gaña o II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil por “Ensino para místicas”". Editorial Galaxia. Consultado o 2026-03-26.