Álex Rins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlex Rins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Àlex Rins i Navarro Editar o valor em Wikidata
8 de decembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaCampionato do Mundo de Motociclismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2012-2014Estrella Galicia 0,0 (en) Traducir
2015-2016Pons Racing (pt) Traducir
2023-valor descoñecidoYamaha Factory Racing Team (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webalexrins.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: AlexRins Twitter: Rins42 Instagram: alexrins Editar o valor em Wikidata

Álex Rins Navarro, nado en Barcelona o 8 de decembro de 1995, é un piloto de motociclismo español que corre na categoría de Moto2.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moto 3[editar | editar a fonte]

Álex Rins iniciouse en Moto3 no ano 2012 da man do equipo Estrella Galicia 0,0. Na súa segunda carreira conseguiu a súa primeira pole position, concretamente no Gran Premio de España. O seu primeiro podio acadouno dous grandes premios máis tarde, no Gran Premio de Francia, cun terceiro posto. Aínda que non acabou máis carreiras no podio, a súa regularidade fixo que acabara o campionato na quinta posición.

En 2013 continuou correndo co equipo Estrella Galicia 0,0, con Àlex Márquez como compañeiro. Nesa tempada gañou 6 grandes premios e conseguiu 14 podios, estando na loita polo título durante todo o campionato. Terminou en segunda posición por detrás de Maverick Viñales.

En 2014 mantívose no equipo Estrella Galicia. Nese campionato gañou 2 grandes premios e conseguiu 8 podios, acabando a tempada na terceira posición.

Moto 2[editar | editar a fonte]

Na tempada 2015 debuta nunha categoría superior, Moto2, formando parte do equipo Pons Racing. Na segunda carreira acabou en segunda posición, o primeiro dos seus 10 podios durante a tempada, entre eles unha vitoria en Indianápolis. Acabou o campionato en segunda posición.

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Moto Carreiras Vitorias Podios Poles Voltas
rápidas
Puntos Posición
2012 Moto3 Suter Honda 17 0 1 1 1 141
2013 Moto3 KTM 17 6 14 8 1 311
2014 Moto3 Honda 18 2 8 4 3 237
2015 Moto2 Kalex 18 2 10 3 4 234
2016 Moto2 Kalex 18 2 7 1 3 214
2023 MotoGP Honda 5 1 1 0 1 47* 11º*
Total 192 18 58 17 19 2028

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]