¡Que inventen ellos!
Aparencia
¡Que inventen ellos! ( en galego: Que inventen eles!) é unha lapidaria expresión de Miguel de Unamuno cuxo repetido uso e abuso produciu un tópico ou clixé que se utiliza con sentidos opostos.
O tópico é mostra de até que punto a ciencia e a tecnoloxía foron en España unha realidade marxinal na súa organización e contexto social, de modo que se chegou a converter nunha especie de estereotipo nacional español, unhas veces rexeitado por impropio ou humillante e outras veces asumido con orgullo e desdén, como era o seu propósito orixinal.
A fortuna do uso da frase produciu mesmo a súa paráfrase, nalgún caso nun sentido feminista, reivindicando o papel da muller na ciencia: Que inventen elas[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Logros científicos de mujeres en la muestra '¡Que inventen ellas!', El País, 12/09/2003