¡Ahora caigo! foi un programa de televisión emitido por Antena 3 e presentado por Arturo Valls. É unha adaptación española do exitoso concurso israelíLauf Al Hamilion (en hebreo: לעוף על המיליון) de Arutz 10.
Comezou a emitirse na noite dos martes en prime time o 6 de xullo de 2011. A partir do 22 de agosto de 2011 Antena 3 suprimiu El Diario para expoñer unha versión diaria deste concurso, de luns a venres ás 18:30 horas, cun premio de 100.000 euros. O 23 de novembro de 2015 o formato é remodelado, engadindo novas probas.
O programa acumulaba unha audiencia media na franxa de tarde entre en 14%-16%.