Saltar ao contido

HRT F112: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
a primeira edición deste artigo procede total ou parcialmente dunha tradución de en:HRT F112
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2012 ás 22:44

HRT F112
Hispania
Información
País España España
Fabricante Hispania
Deseñador Jacky Eeckelaert
Stephane Schosse[1]
Produción
Predecesor F111
Sucesor
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso 640 Kg. minimo (con auga, lubricante e piloto)
Chasis Monocasco en fibra de carbono e paneis composto de niño de abella
Suspensión Dobre trapecio en fibra de carbono con muelle de torsión e antibalanceo operados mediante barra de empuxe (diante) e de arrastre (atras)
Motor Cosworth CA 2012
Potencia 2400 cm³, V8 a 90° central lonxitudinal , limitado a 18000 RPM
Transmisión Williams de 7 velocidades secuencial semiautomático con "Cambio-rápido"
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[2]
Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13"
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Pilotos 22. España Pedro de la Rosa
23. India Narain Karthikeyan
Prob. España Dani Clos
Prob. Italia Vitantonio Liuzzi
Carreiras 0
Gañadas 0
Poles 0
Voltas rápidas 0
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0
* Páxina oficial de HRT F1 Team

O HRT F112 é un monopraza de competición construído por HRT F1 Team para competir na tempada de Fórmula 1 de 2012. Será pilotado polo español Pedro de la Rosa e o indio Narain Karthikeyan e presentouse o 5 de marzo en Montmeló.[3]


Presentación

HRT non participou en ningunha das sesións de prácticas programadas co bólido deste ano por falta de tempo, polo que as tan ansiadas primeiras imaxes do F112 non se puideron observar ata un ensaio privado o 5 de marzo.[4] Antes da presentación do monopraza definitivo do equipo español, a escuadra quería participar nos primeiros test de pretempada para facer rodaxe co equipo, completamente renovado. Por iso, en Xerez, Pedro de la Rosa pilotou o F111 do ano anterior, completamente branco. Aínda que a aparición do novo monopraza fíxose esperar, xa era previsible un cambio nas cores da carrocería, consecuente ao cambio de logotipo do equipo, que agora é de cor dourada.[5]

O motivo de que aínda non sexa desvelado o novo modelo é que os coches deben pasar probas de impacto antes da súa presentación e as súas probas en pista. A primeira data de presentación prevista era o 21 de febreiro, data de inicio das segundas sesións de adestramento de pretempada. Dado que o chasis non superou duas das 16 probas ás que foi sometido, por unha estreita marxe segundo portavoces da escuadra,[6] impediuse a realización da 17ª e última. As probas que fallou foron as de choque fronto-lateral e a de envorco, por iso o equipo ten que emendar erros no morro e na barra anti-envorco.[7] De todos os xeitos, o equipo afirmou non estar preocupado, xa que desde un tempo atrás a maioría do traballo céntrase neste obxectivo, pero implica cambiar os plans de fabricación, xa que hai que realizar novas pezas.[8]

Nos tres anos que HRT leva participando do mundial de Fórmula 1, nunca puido chegar a tempo co novo monopraza aos test de pretempada (estreando o F110 e F111 no primeiro Gran Premio da tempada, e o F112 nunhas probas privadas días antes da primeira cita do calendario).

Finalmente o F112, realizou as súas primeiras voltas no Circuíto de Cataluña, en Barcelona o 5 de marzo de 2012. Logo de superar as últimas probas de impacto e ser homologado, o equipo realizou quendas de traballo para cubrir as 24h de modo que puidesen chegar facendo unha rodaxe previa ao primeiro Gran Premio da tempada, por primeira vez na súa historia. Esta rodaxe foi posible aproveitando unha das xornadas promocionais das que os equipos dispóñen durante o ano.


Deseño

A falta de dúas semanas para a data prevista da súa presentación, o piloto Pedro de la Rosa desvelou durante os primeiros adestramentos de pretempada que o F112 ten un morro graduado, tamén coñecido como pico de ornitorrinco,[9] como a maioría dos coches correspondentes ao mesmo ano.[10] Con todo, este non será tan pronunciado como noutros exemplos. Espérase que as súas prestacións permítanlle achegarse máis ao resto de rivais que o F111.[11]

Tamén se coñece desde a pasada tempada que equipará o tren traseiro do Williams FW33, incluído o sistema KERS. Isto débese a un acordo entre as dúas escuderías, mediante o cal HRT benefíciase da tecnoloxía e os coñecementos aplicados a un coche dun equipo con máis experiencia, pero co que comparte o motor Cosworth, e Williams recibe un importante ingreso económico ao vender produtos e tecnoloxías que foron deseñados para ser aplicados a vehículos de rúa, pero que non conseguiron froitos. Estímase que este acordo custe ao redor de 5 millóns de euros.[12]

Piloto probador

O día 13 de febreiro do 2012, o equipo HRT fixo oficial a contratación do piloto español Dani Clos como terceiro piloto da escudería. Prevese que acuda a todas as carreiras, co fin de que realice varias sesións de adestramentos dos venres.[13][14] E parece ser que este tamén será o rol do outro piloto que actualmente se atopa en negociacións co equipo. Vitantonio Liuzzi, sen un rol todavia determinado, completa a nómina de pilotos.

Véxase tamén

Referencias

  1. Adrián Mancebo. "Jacky Eeckelaert liderará el diseño del HRT de 2012" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  2. Noble, Jonathan (25 January 2012). "Pirelli tweaks tyre markings for 2012 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 January 2012. 
  3. HRT F1. "Narain Karthikeyan completa la alineación de HRT para 2012" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  4. "HRT completa las primeras vueltas con el F112" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  5. Jacobo Vidal. "HRT presentará el F112 con su decoración definitiva" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  6. Pablo Elizalde. "New HRT car now set for final F1 test after failing two crash tests" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  7. Marco Canseco. "HRT no podrá estar en el test de Barcelona" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  8. Carlos Flores. "El nuevo HRT de Fórmula 1, retrasado por el 'crash-test'" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  9. Adrián Molina. "Morros escalonados en la F1: Explicación" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  10. Cristina Díaz. "De la Rosa confirma que el HRT de 2012 tendrá un 'morro escalonado'" (en español).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  11. "HRT awaiting crash test news ahead of season" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  12. "HRT prolonge avec Williams pour 2012" (en francés).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  13. Formula1.com. "Dani Clos joins HRT as tester" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  14. HRT. "Dani Clos se incorpora al HRT F1 Team como piloto de pruebas" (en español).  Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)

Ligazóns externas

Páxina oficial de HRT F1 Team