Kalpana-1: Diferenzas entre revisións
Aparencia
Contido eliminado Contido engadido
Novo artigo. |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2012 ás 16:35
Kalpana-1 / METSAT 1 | |
---|---|
Tipo | Satélite meteorolóxico |
Organización | ISRO |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 12 de setembro de 2002, 10:24 UTC[1][2][3] |
Foguete portador | PSLV[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Sriharikota[2][5] |
Obxectivo da misión | Observación meteorolóxica.[2][5] |
NSSDC ID | 2002-043A |
Masa | 1060 kg[5][4][2] |
Potencia | 550 vatios[2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.164,5 km[1] |
Inclinación | 2,6 graos[1] |
Apoapse | 35.822,8 km[1] |
Periapse | 35.764,3 km[1] |
Kalpana 1, inicialmente denominado METSAT 1, e chamado así en honor ó astronauta indio Kalpana Chawla falecido no accidente do transbordador espacial Columbia de febreiro de 2003, é un satélite meteorolóxico da ISRO (Organización India para a Investigación Espacial) lanzado o 12 de setembro de 2002 mediante un foguete PSLV.[2][4]
Características
Kalpana 1 é un satélite adicado á observación meteorolóxica situado nunha órbita xeoestacionaria. Está estabilizado nos tres eixos e alimentado mediante paneis solares que producen unha potencia de ata 550 vatios. O satélite fai observacións no visible e no infrarroxo para obter imaxes da cobertura nubosa, do vapor de auga e a temperatura.[2][4]
Instrumentos
- VHRR (Very High Resolution Radiometer): radiómetro que rexistra imaxes en tres bandas, unha visible, outra infrarroxa térmica e a última na banda infrarroxa do vapor de auga, cunha resolución de 2x2 km.[2][4]
- DRT (Data Relay Transponder): transpondedor que recolle datos de estacións meteorolóxicas terrestres, tanto fixas como móviles.[2][4]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "KALPANA 1 (METSAT 1)" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "Kalpana 1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 24 January 2003 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-81043). 7 de febreiro de 2003: 2. Parámetro descoñecido
|consultado=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "METSAT 1 / Kalpana 1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "METSAT" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.