Kalpana-1
Aparencia
| Kalpana-1 / METSAT 1 | |
|---|---|
| Tipo | Satélite meteorolóxico |
| Organización | ISRO |
| Satélite de | Terra |
| Data de lanzamento | 12 de setembro de 2002, 10:24 UTC[1][2][3] |
| Foguete portador | PSLV[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Sriharikota[2][5] |
| Obxectivo da misión | Observación meteorolóxica.[2][5] |
| NSSDC ID | 2002-043A |
| Masa | 1060 kg[2][4][5] |
| Potencia | 550 vatios[2][4] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 42.164,5 km[1] |
| Inclinación | 2,6 graos[1] |
| Apoapse | 35.822,8 km[1] |
| Periapse | 35.764,3 km[1] |
Kalpana 1, inicialmente denominado METSAT 1, e chamado así en honor ó astronauta indio Kalpana Chawla falecido no accidente do transbordador espacial Columbia de febreiro de 2003, é un satélite meteorolóxico da ISRO (Organización India para a Investigación Espacial) lanzado o 12 de setembro de 2002 mediante un foguete PSLV.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]Kalpana 1 é un satélite adicado á observación meteorolóxica situado nunha órbita xeoestacionaria. Está estabilizado nos tres eixos e alimentado mediante paneis solares que producen unha potencia de ata 550 vatios. O satélite fai observacións no visible e no infravermello para obter imaxes da cobertura nubosa, do vapor de auga e a temperatura.[2][4]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]- VHRR (Very High Resolution Radiometer): radiómetro que rexistra imaxes en tres bandas, unha visible, outra infravermella térmica e a última na banda infravermella do vapor de auga, cunha resolución de 2x2 km.[2][4]
- DRT (Data Relay Transponder): transpondedor que recolle datos de estacións meteorolóxicas terrestres, tanto fixas como móbiles.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "KALPANA 1 (METSAT 1)" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (4 de novembro de 2011). "Kalpana 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de febreiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 24 January 2003 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-81043). 7 de febreiro de 2003: 2. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "METSAT 1 / Kalpana 1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.
- 1 2 3 Mark Wade (2011). "METSAT" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2012.