Saltar ao contido

Truro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Truro''' en inglés, '''Truru''' en córnico, é a capital do condado de Cornualla, pertencente a Inglaterra, Reino Unido. Con 2…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xuño de 2009 ás 02:45

Truro en inglés, Truru en córnico, é a capital do condado de Cornualla, pertencente a Inglaterra, Reino Unido. Con 20.920 habitantes[1] (2001) é o centro administrativo, de ocio e mercantil deste condado, sendo a súa única cidade.

Está situada nas orelas do río Truro, próxima á súa desembocadura na Canle da Mancha. Destacan nela a súa industria da cerámica, téxtil, madeireira e alimentaria.

A Catedral de Truro dende a rúa de St Mary.

O monumento máis destacado de Truro é a súa catedral neogótica, que alcanza unha altitude de 76 metros, que se empezou a construír no 1880 e rematouse no ano 1910, foi construída no emprazamento da antiga St. Mary's Church, consagrada seiscentos anos antes.

Etimoloxía

A orixe do nome de Truro é incerto. Díxose que derivaba do córnico tri-veru ("tres ríos"), mais referencias como o Oxford and Cambridge Dictionaries of English Place Names rexeitan esta teoría. Tamén o principal experto dos nomes de lugares córnicos, Oliver Padel, no sei libro A popular dictionary of Cornish place-names di que o significado de "tres ríos" non é posíbel. [2]

Notas

  1. "Census 2001 Key Statistics for urban areas in England and Wales" (pdf) (en inglés). National Office of Statistics. Consultado o 1 de xuño de 2009. 
  2. Oliver Padel A popular dictionary of Cornish place-names, Penzance, A. Hodge, 1988 ISBN 090672015X

Ligazóns externas