Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
a versión en
galego da
Wikipedia . Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha
enciclopedia libre , accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en
contribuír .
Benvida
COMOs
Preguntas frecuentes
Comunidade
Políticas
Artigos de calidade
Axuda
Vexa tamén o mes de maio na cultura popular galega
A historia do pensamento evolucionista trata das distintas concepcións que houbo sobre o cambio das especies biolóxicas co paso do tempo, as cales teñen as súas raíces na antigüidade, nas ideas dos antigos gregos , romanos , e chineses e na ciencia medieval islámica . Co comezo da moderna taxonomía biolóxica a finais do século XVII , o pensamento evolucionista occidental estivo influenciado por dúas ideas opostas: o esencialismo , a crenza de que cada especie ten características esenciais que son inalterables, un concepto que se desenvolvera a partir da metafísica aristotélica medieval , e que concorda moi ben coa teoloxía natural ; e o desenvolvemento dun novo enfoque antiaristotélico da ciencia moderna , xa que a medida que avanzaba a Ilustración , estendeuse a cosmoloxía evolucionista e a filosofía mecánica das ciencias físicas á historia natural .
Os naturalistas empezaron a interesarse pola variabilidade das especies, e o xurdimento da paleontoloxía e o seu concepto de extinción minou as visións tradicionais da natureza . A inicios do século XIX Jean-Baptiste Lamarck propuxo a súa teoría da transmutación das especies , a primeira teoría completa sobre evolución . Pero moitos naturalistas da época seguían sendo fixistas , é dicir consideraban que as especies eran fixas e inmutables. En 1858 Charles Darwin e Alfred Russel Wallace publicaron unha nova teoría evolutiva, explicada en detalle no libro de Darwin A orixe das especies , publicado en 1859. A diferenza de Lamarck, Darwin propuxo a ascendencia común e a ramificación da árbore da vida , que significaban que dúas especies distintas podían ter un antepasado común. Darwin baseou esta teoría na idea de selección natural , a cal sintetizaba un amplo conxunto de probas desde a gandería , a bioxeografía , a xeoloxía , a morfoloxía e embrioloxía .
585 a. C. , prodúcese unha eclipse solar prevista por Tales de Mileto .
1509 , morre Catarina Sforza , condesa de Forli e unha das mulleres máis importantes do seu tempo en Italia.
1787 , morre Leopold Mozart , pai de Wolfgang Amadeus .
1878 , morre Benito Vicetto (na imaxe), escritor, xornalista e historiador galego.
1908 , nace Ian Fleming , escritor británico, creador de James Bond .
1968 , nace Kylie Minogue , cantante australiana .
Hoxe é o Día da Hixiene Menstrual e o Día Nacional da Nutrición
Vexa máis efemérides do día de hoxe
Podes atopar a Wikipedia en moitas outras linguas. Wikipedia noutras linguas