Día das Letras Galegas
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Historia[editar | editar a fonte]
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén escritora Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).[1]
Para conmemorar o primeiro Día das letras galegas (DLG) publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, feita por Fermín Bouza-Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez anos dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.[2][3]
En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o pleno de celebración do Día das Letras non decorrería o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carballo Calero.[4] Finalmente, as restricións sanitarias fixeron que o acto se tivese que adiar de novo, até o 12 de decembro[5].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes sobre o Día das Letras Galegas.
Homenaxeados[editar | editar a fonte]
-
1963: Rosalía de Castro
-
1965: Eduardo Pondal
-
1966: Francisco Añón
-
1967: Manuel Curros Enríquez
-
1969: Antonio Noriega Varela
-
1970: Marcial Valladares
-
1971: Gonzalo López Abente
-
1972: Valentín Lamas Carvajal
-
1973: Manuel Lago González
-
1974: Xoán Vicente Viqueira
-
1975: Xoán Manuel Pintos
-
1976: Ramón Cabanillas
-
1977: Antón Villar Ponte
-
1978: Antonio López Ferreiro
-
1979: Manuel Antonio
-
1980: Afonso X o Sabio
-
1981: Vicente Risco
-
1982: Luís Amado Carballo
-
1983: Manuel Leiras Pulpeiro
-
1985: Antón Losada Diéguez
-
1988: Ramón Otero Pedrayo
-
1989: Celso Emilio Ferreiro
-
1990: Luís Pimentel
-
1991: Álvaro Cunqueiro
-
1992: Fermín Bouza-Brey
-
1993: Eduardo Blanco Amor
-
1994: Luís Seoane
-
1995: Rafael Dieste
-
1996: Xesús Ferro Couselo
-
1997: Ánxel Fole
-
1999: Roberto Blanco Torres
-
2000: Manuel Murguía
-
2002: Martín Sarmiento
-
2004: Xaquín Lorenzo
-
2005: Lorenzo Varela
-
2006: Manuel Lugrís Freire
-
2007: María Mariño
-
2009: Ramón Piñeiro
-
2010: Uxío Novoneyra
-
2011: Lois Pereiro
-
2012: Valentín Paz-Andrade
-
2013: Roberto Vidal Bolaño
-
2014: Xosé María Díaz Castro
-
2015: Xosé Filgueira Valverde
-
2016: Manuel María
-
2017: Carlos Casares
-
2018: María Victoria Moreno
-
2019: Antón Fraguas
-
2020: Ricardo Carballo Calero
-
2021: Xela Arias
-
2022: Florencio Delgado
-
2024: Luísa Villalta
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fernández del Riego, Francisco (1995). "Prologo". De Rosalía a Dieste 33 anos das letras. Xerais. ISBN 84-7507-878-8.
- ↑ F. Freixanes, Víctor (13/5/2006). "O Día das Letras (¿festivo?)". La Voz de Galicia.
- ↑ "Día das Letras Galegas". Galicia Hoxe. 16/5/2007. Arquivado dende o orixinal o 01/02/2018. Consultado o 31/01/2018.
- ↑ "A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro". Real Academia Galega. 8/4/2020.
- ↑ "A RAG celebra a Carvalho Calero como referente do". Real Academia Galega. Consultado o 2021-10-29.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día das Letras Galegas |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Angueira, Anxo (1995). De Rosalía a Dieste 33 anos das letras. Xerais. ISBN 84-7507-878-8.
- Todas as Letras do Día das Letras Galegas. Cincuenta aniversario da maior festa cultural de Galicia. 1963 – 2012 Arquivado 04 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. RAG.
- 51 páxinas das nosas Letras 2013, Parlamento de Galicia.
- Cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas. 17 de maio de 2012. Cincuenta carteis. Cincuenta deseñadores. Cincuenta escritores. Á volta ás letras en cincuenta díasArquivado 14 de xuño de 2017 en Wayback Machine. RAG.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Como se creou o 17 de maio Arquivado 20 de marzo de 2017 en Wayback Machine., RAG.
- O Día das Letras Galegas Arquivado 16 de maio de 2014 en Wayback Machine. en Galicia Dixital.