Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo/Arquivo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Vandalismo

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Vandalismo que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

Considero vandalismo a súa actitude para comigo. Solicito a anulación dos seus votos na páxina e subpáxias de Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas e a prohibición de votar en imaxes propostas por min (eu farei o correspondente coas que el propoña a non ser que pense en votar a favor).

O seu voto como se poderá ver na seguinte relación de votos seus non está nunca fundamentado e obedece a unha animadversión brutal cara a min orixinada na administración do grupo de Flickr Galicia. Dominio público.

Coloco os datos dos votos. Non coloco os votos anteriores ó momento en que a ruptura entre nós (inda que máis ben pola súa parte) foi total:


  1. Incrible: Non pensara que fose posible: votou en cinco imaxes diferentes no mesmo minuto "sen animadversión" e con criterio (evidentemente son irónico).
  2. Tras o que lle di Iago (quen lle solicita que fundamente os votos, cousa que fai Iago con moito criterio e atendendo as normas), véxase a resposta: Colócoa íntegra:

Atendendo ao solicitado por Iago por aí abaixo, aclaro unha cousa: eu non entendo de fotografía nin ambiciono entender, así que cando teño que votar si ou non o único que podo facer é ollar para ela e escoitar o que me di o peito. Nesta foto o peito díxome que non, noutras díxome que si. Por non ser repetitivo e non facer alarde da miña ignorancia sobre o tema, evito dar explicacións en todas as fotos que voto. Para máis aclaracións xa sabedes onde moro.

Non solicito o bloqueo do usuario, non se confunda ninguén. Solicito ser protexido contra actuacións brutais como a súa. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:27, 8 marzo 2010 (UTC)

  • Descoñezo as leas que poida haber no Flickr e prefiro centrarme única e exclusivamente na Galipedia, que é onde estamos. Ben, quero pensar que Xoacas non sabía das normas e que, nunha arroutada, lle deu por votar á toa, o cal evidentemente non está ben, principalmente porque pisa o traballo doutros usuarios, neste caso o de Lmbuga. Como explicaba o usuario Iago Pillado, cómpre razonar o voto na medida do posíbel (canto máis mellor). E cómpre ir ao xeitiño, con vagar. Un voto discordante resta, non é o mesmo ca un voto neutro e desde logo tampouco un positivo, de modo que con maior motivo hai que lle dar dúas voltas á torniqueta antes de zurrar nunha imaxe. Insisto: penso que Xoacas ou ben non sabía das normas ou ben non lle acordaron; canto á animadversión, na Galipedia, pois non a vexo. E que siga sendo así, por favor. En conclusión: por favor, Xoacas, modifica ou argumenta (o cal está difícil, porque catro nun minuto é ir a fume de carozo!) os teus votos e a partir de aí xa volvemos ao rego e a choiar nesta cooperativa cultural. Confío en que non vaia a máis. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 8 marzo 2010 (UTC)
  • Acepto o teu criterio e abandono o proxecto e o grupo de Flickr-- Lmbuga / Conversa comigo  23:58, 8 marzo 2010 (UTC)
  • Non entendo a polémica, xa que non votou en todas negativamente véxase por exemplo a dos avión anti lumes.--Carronada 23:59, 8 marzo 2010 (UTC)
Por favor, señor Carronada (e desculpe que o trate de vostede, pero é que para min o asunto é moi serio, de feito, como isto non se tome en serio abandono), olle vostede as datas, a do avión é do 20:02, 28 febreiro 2010; o problema é no 21:45, 8 marzo 2010. Grazas, a súa falta de seriedade minusvalórame-- Lmbuga / Conversa comigo  00:06, 9 marzo 2010 (UTC)
  • Agora que xa me recuperei do meu estupor, intentarei ser selectivo na resposta. O primeiro: do que pase en Flickr non vou falar aquí. O segundo, sempre votei positivo ás fotos que me gustan e negativo ás que me desgustan, e se ese non pode ser o criterio pois paréceme ben. Nese caso proporei que se anulen os votos que se basean na preferencia estética (os meus e os outros). Terceiro: para premer catro botóns de "gardar" nun minuto hay que gastar 15 segundos en cada un, iso soluciónase tendo varias xanelas abertas a un tempo. Revisa as miñas edicións (as outras) e verás que non é raro que o faga. O que non fago case nunca é revisar o historial de edicións de outros usuarios, pero sobre iso tampouco teño queixa, eu tamén sonche raro dabondo coas comidas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:12, 9 marzo 2010 (UTC)
  • Non vou rogar só que se valoren obxectivamente as imaxes que valorou o usuario negativamente, vou valorar ademais que, a pesar do meu historial, cheo de conflitos, se valore o meu criterio (paradoxal, pero certo). Non espero que Xoacas teña a ben dicir que a animadversión pesou e retire os seus votos -polo que sei del, é quen de valorar a vida dos demais antes de recuar-, espero que imperen as políticas e ante esta denuncia deben ser aplicadas.. Escribo dous puntos, porque o segundo é punto e final-- Lmbuga / Conversa comigo  00:34, 9 marzo 2010 (UTC)
  • Por favor Lmbuga pídolle que non se sinta minusvalorado pola miña ignorancia, é a primeira vez que voto para imaxes da semana e pensei que tódalas imaxes serian da mesma data mais ou menos. Tamén recoñezo que non me debería meter nalgo que non me incumbe, pero o fixen con total vontade de tentar solucionar a situación e acadar o mellor para a galipedia. Pídolle desculpas se sentiu ofendido pola miña culpa.--Carronada 00:44, 9 marzo 2010 (UTC)
Agora e tras esta discusión, solicito ser bloqueado. Co mesmo solicito que sistematicamente se apliquen as normas. Todo acontece porque non se aplican nin as de votación máis simples. En maior indefensión que ante un usuario que se quere facer pasar por bo, pero que xamais vai recoñecer o que é a realidade, que pasa de pasar totalmente de min a dicirme que o chame por teléfono (pero non me chama el a min) e dá en tratarme de "rei" publicamente (cousa que non fan nin os meus amigos); non se me pode deixar: Aseguro que non vai compensar xamais deixarme indefenso, así que o preferible é bloquearme de por vida-- Lmbuga / Conversa comigo  07:12, 9 marzo 2010 (UTC)
Imos ver. Aquí os administradores levamos as de perder, porque descoñecémo-la orixe da lea, e polo tanto a súa intensidade e ata onde pode chegar. Vendo o que sucedeu paréceme inapropiada a actuación de Xoacas. Os votos negativos é preciso comentalos (e máis cando fas 5 seguidos), porque do contrario pode parecer que se realiza a actuación á lixeira. Está dentro das normas votar en contra, pero cando se fan 5 votos seguidos en moi pouco tempo en propostas do mesmo editor, e semella haber unha lea externa, entón a cousa cambia. A actuación de Xoacas coido que se aproveita de que a norma o permite para realizar unha actuación contraria ó espírito wikipedia, o que vén sendo abusar do sistema, como se di en Wikipedia:Xogar co sistema. Agora o tema é como evitar que isto siga sucedendo. Se non se arranxan as cousas entre as dúas persoas, creo que sería de bo gusto que voluntariamente os editores implicados decidisen non entrar en novas liortas deste tipo interferíndose no seu traballo. O ideal sería arranxa-las cousa entrámbolos editores, pero iso queda lonxe da capacidade do editor. Por outra banda, repito, débese argumenta-los votos en contra, xa que ademais do propoñente tamén está o autor da imaxe, que se pode sentir doído por un voto en contra sen xustificar. Un voto en contra é algo bastante duro, eu persoalmente no tema das imaxes non sei se cheguei utilizalos (se o fixen foi en contadas ocasións), e prefiro non votar nas imaxes que sendo boas non me convencen de todo, aínda que isto é a miña actuación persoal. En todo caso un voto en contra debería estar movido por motivos de peso para quen os dá. Agardo agora a decisión dos editores implicados para soluciona-lo problema, porque evidentemente esta actuación non pode ser habitual. --Alberte Si, dígame? 09:57, 9 marzo 2010 (UTC)
  • Alberte expuxo o asunto ás claras (colo de Wikipedia:Xogar co sistema: Interpretar interesadamente unha política dun xeito que o usuario sabe que danará a Wikipedia ou o seu ambiente de comunidade. A norma de votación (sobre todo a de discordancia) entendo que queda clara para todos os usuarios activos na actualidade, pois Iago Pillado tamén rescatou unha parágrafo básico das nosas políticas. Por outra banda, unha liñas máis arriba, eu dixen que sería bo que o usuario:Xoacas reflexionase sobre eses 5 votos negativos e posto que vexo que aínda seguen aí, malia que Xoacas segue a editar noutros artigos, procedo a retiralos eu mesmo de maneira provisoria; se algún dos cinco responde a un motivo real e non a unha arroutada, daquela sempre Xoacas terá a posibilidade de argumentar e votar de novo. Obvio. Non me estendo máis. Procedo a retiralos. E a Lmbuga prégolle calma. --Atobar (conversa comigo) 14:49, 9 marzo 2010 (UTC)

Pois mira, alégrome moito de que o fagas, porque así me quitas a min o peso de decidir que facer eu coas dichosas fotos. E digo que me alegro, pero non que me guste. Porque se non lembro mal, apenas pasaron 12 horas dende o último berro, e entre elas conto as de durmir, comer, traballar un pouquiño, etc. Ben poderías ter esperado un pouco máis, porque xa tiña decidido argumentar os meus votos e dar o tema por pechado, o cal sería, ao meu entender, unha solución moito máis limpa e máis harmoniosa, pero claro, agora xa non.

Tamén entendo que para os administradores non era unha situación doada de resolver, pero podedes imaxinar como o é para min. Supoño que isto me concede a min o privilexio de dar a miña versión dos feitos, ben doada de explicar pero, polo que vexo, tan difícil de crer. A cousa é que entre Lmbuga e eu non hai ningunha lea, que eu saiba, pero claro, eu non teño control sobre as crenzas dos demais, o único que eu sei é que estaba tranquilamente facendo encaixe de bolillos coa lista de Ríos de Galicia (que é o que veño facendo os últimos días) e, de súpeto, recibín unha mensaxiña que dicía "quéresme afundir" ou algunha sentencia tremebunda polo estilo, e logo unha réstea de acusacións gravísimas ("animadversión brutal"?), ameazas ("non volvas a cruzarte comigo"?) e obscenidades ("sería posible se puidese vostede darme polo cu") ao longo da noite.

De tolerías xa vai o mundo ben servido, para atopalas non preciso entrar nesta comunidade, que Atobar definiu ben como "cooperativa cultural" pero que cando te queres dar conta é un crisol de neuroses. O que quero dicir é que nunca ninguén me falou así. Onte á noite deiteime coa sensación de que debía pedir o bloqueo de Lmbuga por acoso. Non o fixen porque son de reaccións lentas (como o das argumentacións das fotos, que cando as quero facer xa non teño onde), e agora que morreu o can acabou xa a rabia.

Se non lembro mal, comecei a colaborar aquí con máis asiduidade en decembro do ano pasado. Dende aquela funme enterando pouco a pouco do modo de facer as cousas, e de xeito creo que ás veces peco de pesado preguntando polo procedemento, o famoso procedemento (serán os anos de lidiar coa administración). Todo isto ven a que unha cousa é un erro e outra é un acto de mala fe. Por iso decirme que estou utilizando as políticas e normas da Wikipedia de mala fe, para de xeito deliberado frustrar os obxectivos da Wikipedia e o proceso de dirección editorial colectivo é de mal gusto e hai que estar moi seguro para poder facela. Se algo fago mal vexo ben que se me diga "non, así non se fai, ímolo desfacer", como se fai todos os días con reversións de edicións, borrados, etc. Pero claro, o da mala fe doe e non acepto que mo digan á lixeira.

Hai unha cousa que se chama lector de feeds que, explicado para alguén de poucas luces coma min, é algo que che reúne contidos de distintas fontes a medida que eses contidos van sendo incorporados. Eu descubrín que se pode recibir información puntual de todo o que acontece na Galipedia en tempo real. Iso é o que eu emprego, de xeito que vin as fotos que Lmbuga propuxo no minuto seguinte, días antes de eu votar. E logo cada vez que alguén votaba ou comentaba volvía a velas. Cando votei xa as vira media ducia de veces cada unha. Cando me decidin a votar o único que tiven que facer foi ctrl+v en cada unha delas, salvo nunha, na que votei positivamente (ese detalle non se contou: nunha votei "concordo", onde vai a mala fe?). Votar a 5 fotos nun minuto equivale a premer 5 veces no botón de gardar, é humanamente posible.

Non penso volver a votar esas fotos, si penso argumentar os meus extintos votos negativos que tanto deron que falar (fareino á noite e se me apetece, que ninguén se me apresure). Por resumir, que xa me desquitei hoxe escribindo, eu vexo as cousas así: primeiro, un conflito inexistente leva a Lmuga a interpretar como persecución o que só foi un erro; segundo, o estupor leva aos administradores a aplicar con exceso de celo unha norma que normalmente se ignora; terceiro, eu respiro aliviado porque por fin se acabaron os berros.

Boa estadía e bo traballo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:18, 9 marzo 2010 (UTC)

O usuario:Testaid acaba de borra-lo contido de dúas páxinas: The Rescuers‎ e The Fox and the Hound‎. Ámbolos borrados foron revertidos inmediatamente por Egmontaz. Pedro --Lameiro (conversa) 23:57, 9 marzo 2010 (UTC)

Eu tamén o detectei, escribinlle na sua páxina de conversa e estou a espera de resposta. Saudos--Carronada 23:59, 9 marzo 2010 (UTC)

Este usuario tamén borrou o contido de The Rescuers e varias páxinas máis.--Carronada 16:45, 21 marzo 2010 (UTC)

Bloqueeino e protexín algunhas das páxinas máis vandalizadas. Está a empegar diversos nomes de usuario para realiza-los vandalismos. Xa nos deron aviso da situación en:Wikipedia:Long-term_abuse/Bambifan101. --Alberte Si, dígame? 16:49, 21 marzo 2010 (UTC)

O tipiño ese volveu atacar, arestora coa conta Spider Pig, non se pode facer nada para lle prohibirmos a creación de novas contas? É que cansa a calquera....--Nonso91 17:10, 21 marzo 2010 (UTC)

Cando o bloqueo engado a opción de previr a creación de novas contas, pero semella que xa as debía ter creadas cunha conta global. --Alberte Si, dígame? 18:07, 21 marzo 2010 (UTC)

Vandalismo. --HombreDHojalata conversa 19:02, 21 marzo 2010 (UTC).

Este tipo anda a amolar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:04, 21 marzo 2010 (UTC)

É a mesma persoa unha e outra e outra vez Especial:Rexistros/block. Tódolos bloqueos do 21 de marzo corresponden ó mesmo. --Alberte Si, dígame? 23:09, 21 marzo 2010 (UTC)
  • Hoxe é un dia duro en tema de vandalismos, tamén está esta IP 77.209.102.241--Carronada 23:18, 21 marzo 2010 (UTC)
  • Quéreche dar traballiño: 68.220.160.218. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:20, 21 marzo 2010 (UTC)
    • Cando non emprega nome de usuario a súa ip sempre comeza por 68.220... Eu teño que ir para cama, que ergo cedo. Como creo que o tipo é estadounidense el aínda non terá sono, así que agardemos que os administradores globais anden alerta do que pase de madrugada. --Alberte Si, dígame? 23:23, 21 marzo 2010 (UTC)

Outro que tal: 70.146.242.114. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:12, 22 marzo 2010 (UTC)

Tráme polo camiño da amargura... Seguirei bloqueándoo, mais non sei como diaño fai para empregar distintas ips case ó momento. --Alberte Si, dígame? 21:25, 22 marzo 2010 (UTC)

Dependendo do tipo de moden que teña, so tería que apagalo e volvelo acender.--Carronada 21:41, 22 marzo 2010 (UTC)

Outro: Usuario:Yashveer r. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:00, 22 marzo 2010 (UTC)

Violación sistemática dos termos da licenza[editar a fonte]

A licenza GFDL baixo a que se licencian os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia, o usuario Especial:Contribucións/83.165.42.102 esá a violala sistematicamente en ducias de artigos. Foi advertido en tres ocasións (Conversa_usuario:83.165.42.102). --HombreDHojalata conversa 14:59, 31 marzo 2010 (UTC).

¿Algún administrador lee esta páxina?! --HombreDHojalata conversa 11:24, 3 abril 2010 (UTC).
Os artigos que fixo dende o aviso seguen a ser traducións doutras wikipedias? Se é así dareille un último aviso. --Alberte Si, dígame? 12:31, 3 abril 2010 (UTC)

Este usuario está a crear artigos con contido ofensivo para terceiras persoas. Marqueinos para borrado, eliminei o seu contido e deixeille unha nota de advertencia ao usuario. Xoacas(góstache o pemento?) 12:50, 9 de abril de 2010 (UTC)

  • Bloquedo dun mes. Procedo a borrar as páxinas. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 14:04, 9 de abril de 2010 (UTC)

IP 83.45.72.22[editar a fonte]

A IP 83.45.72.22 está dando traballiño. Xoacas(de laranxa) 21:14, 3 de maio de 2010 (UTC)

Vandalismo 84.121.154.154[editar a fonte]

Por favor, bloqueade a este tipo. Pedro --Lameiro (conversa) 14:24, 8 de maio de 2010 (UTC)

Vándalo na Galipedia e na wiki en castelán--. HombreDHojalata.conversa 19:04, 8 de maio de 2010 (UTC)

99.56.72.50[editar a fonte]

Volveu á carga. Xoacas(non te me poñas así) 16:11, 22 de maio de 2010 (UTC)

Pero cada vez edita cun usuario distinto ou unha ip distinta así que é imposible. Supéranos esta situación. --Alberte Si, dígame? 17:07, 22 de maio de 2010 (UTC)

Alto alemánico[editar a fonte]

O usuario teimudo, coas IP 85.1.4.234 e 62.203.86.183, segue a borra-lo contido da páxina de conversa. Pedro --Lameiro (conversa) 23:47, 3 de xuño de 2010 (UTC)

Borrar unhas edicións vandálicas dos historiais[editar a fonte]

Algún administrador podería borrar dos historiais estas 14 edicións de fai un ano?

Moitas grazas--. HombreDHojalata.conversa 20:22, 5 de xuño de 2010 (UTC)

Ollo con este novo usuario que empezou vandalizando o artigo Lugo nada máis rexistrarse. É polonés, e non hai moito Atobar bloqueara unha ip polonesa por vandalizar varios artigos, creo lembrar que tamén o de Lugo fora un deles. Se cadra é o mesmo personaxe.--Paradanta 13:16, 12 de agosto de 2010 (UTC)

Grazas por avisares. Se reincide non haberá máis remedio que bloquealo. --Alberte Si, dígame? 01:17, 13 de agosto de 2010 (UTC)
Finalmente, foi bloqueado. --Toliño Fala aquí comigo 13:29, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Gigfngjfjgnjf[editar a fonte]

Usuario:Gigfngjfjgnjf está dando traballiño. Déixovolo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:58, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Moito traballiño, :) --Xabier Cid Talk, please 21:31, 18 de agosto de 2010 (UTC)
Puff, bloqueádeo axiña, por favor, que pesadiño o personaxe...--Paradanta (Cóntame) 21:33, 18 de agosto de 2010 (UTC)
Témome que agora non hai ninguén de garda... :D --Xabier Cid Talk, please 21:37, 18 de agosto de 2010 (UTC)
Feito! Feito! Bloqueado por Alberte. --Toliño Fala aquí comigo 10:22, 19 de agosto de 2010 (UTC)

Ip 80.58.205.107[editar a fonte]

As contribucións desta ip na Galipedia foron todas vandálicas, ademáis de estar bloqueada nos proxectos catalán e español. Un saúdo.--Paradanta (Cóntame) 14:25, 14 de setembro de 2010 (UTC)

Cassiopeia[editar a fonte]

Acabo de detectar un vandalismo no artigo Cassiopeia, por parte da ip 85.91.82.204 que so foi usada 3 veces (2 na wiki española e 1 na Galipedia) e só para vandalizar, a parte de revete-la edición que máis hai que facer, é que non sei moi ben se isto ten unhas regras ou avisos ....... sonche un novato total neste tema. --Xabier Cancela (fálame 09:59, 27 de setembro de 2010 (UTC)

Que eu saiba, un usuario normal coma ti ou coma min só ten que reverter a edición e dar parte a algún administrador (como acabaches de facer aquí) se a ip ou usuario persiste nos seus actos vandálicos. Non hai que pór ningún aviso nin nada. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 10:43, 27 de setembro de 2010 (UTC)

Ip 188.83.10.237[editar a fonte]

A ip 188.83.10.237 anda sistematicamente vandalizando os artigos alegando que están nun galego incorrecto cando é el o que fai mudanzas incorrectas--Cheluco 18:41, 14 de outubro de 2010 (UTC)

As mudanzas polo IP 188.83.10.237 están debidamente fundamentadas. Cheuco é o vándalo que reverte!—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.83.10.237 (conversacontribucións) 14 de outubro de 2010 ás 20:46

  • Urxe bloquear esta IP. Non só de dedica a facer edicións en contra da normativa galega, como ben sabe el, senón que o fai coa desfachatez de acusar de vándalo a Cheluco. ¡O mundo ó revés! Pedro --Lameiro (conversa) 18:58, 14 de outubro de 2010 (UTC)
  • Por favor, administradores, :) Actuade ;). --Xabier Cid Talk, please 19:32, 14 de outubro de 2010 (UTC)
Feito! Feito! --Beninho 20:22, 14 de outubro de 2010 (UTC)

Ip 83.165.243.197[editar a fonte]

A Ip 83.165.243.197 está vandalizando o artigo Deportivo de La Coruña sistematicamente. --Imxavitooh 16:12, 18 de novembro de 2010 (UTC)

Ip 82.213.182.18[editar a fonte]

Esta ip fixo exactamente a mesma edición irrespectuosa coas políticas da Galipedia tres veces seguidas. --Paradanta (Cóntame) 22:06, 30 de novembro de 2010 (UTC)

  • Deille aviso na páxina de conversa. Esperemos que non reincida. Graciñas, Paradanta. --Atobar (conversa comigo) 23:36, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Volve a ip polonesa[editar a fonte]

Atención, volve a ip polonesa coa súa teima contra Eduardo Pondal. Outro dos seus obxectivos adoita ser Lugo. Velaquí as súas contribucións, posiblemente o mesmo ca este. --Paradanta (Cóntame) 16:05, 30 de decembro de 2010 (UTC)

Deille un aviso. Grazas por avisares. --Toliño Fala aquí comigo 10:32, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Anaerovia‎[editar a fonte]

Este artigo é un vandalismo puro ...--Xabier Cancela (fálame) 18:39, 27 de marzo de 2011 (UTC)

The Fox and the Hound[editar a fonte]

A ver se é posible desfacer a edición do Usuario:Fart, que moveu Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure a The Fox and the Hound sen motivo aparente. Non son capaz de desfacela eu mesmo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:46, 29 de marzo de 2011 (UTC)

De feito o tal Fart fixo hoxe unha chea de edicións vandálicas, entre as cales, se non entendo mal, están algúns cambios nas características de protección dalgúns artigos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:50, 29 de marzo de 2011 (UTC)

O Usuario:Bovineboy2008 debe de ser o mesmo fulano con diferente nome. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:18, 30 de marzo de 2011 (UTC)

Solicito o bloqueo para o usuario Fart. E necesítase moito tempo para reverter as súas edicións! --Xabier Cid Talk, please 09:45, 30 de marzo de 2011 (UTC) Esta é a súa lista de contribucións... pregúntome como puido facer iso: Especial:Contribucións/Fart
  • Creo que quedan recuperadas as edicións boas. O usuario está bloqueado por Xas, pero soamente por un mes. Procedo a ampliar o tempo de bloqueo. Nin idea de como conseguiu cambiar a configuración das proteccións. --Atobar (conversa comigo) 10:10, 30 de marzo de 2011 (UTC)
  • Gran traballo, Atobar. Non sei se non che quedaría Dumbo por recuperar...--Xabier Cid Talk, please 10:13, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Non sei exactamente como, pero... eu diría que Fart foi capaz de saltar o bloqueo. Ou iso me parece.[1]. Vou mirar se pasou algo semellante noutras wikis. --Xabier Cid Talk, please 10:15, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Non o saltou. Volveu o mesmo día que lle acabou o bloqueo anterior. Pasou un ano no cárcere cibernético e delinquiu tan pronto como o sacaron. Na porta mesma da prisión. 21 de marzo 2010 - 21 de marzo 2011. Voulle chantar un para sempre nas características de bloqueo. Restaurado Dumbo, por certo. --Atobar (conversa comigo) 10:18, 30 de marzo de 2011 (UTC)
O malo é que non sei se empregaría outros nicknames: [2], ou se, dispensando, todos os 'farts' son o mesmo. Pero é estraña esa teima coa gl.wp e non coas demais... --Xabier Cid Talk, please 10:40, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Eu diría que hai patróns moi comúns aquí: [3], aquí [4], aquí: [5], aquí: [6]... Estas pequenas cousas fanme reverenciar a especie humana. --Xabier Cid Talk, please 10:58, 30 de marzo de 2011 (UTC)
Buenas noches y disculpen por no escribir en la lengua de la casa. Soy un steward de meta. Llamo la atención acerca de que este usuario es Bambifan101, un vándalo multi proyectos que lleva saboteandolos desde hace ya bastantes años. Su número de títeres conocidos es francamente obsceno pasando de los 400 usuarios títeres sólo en la Wikipedia en Inglés mas los que tiene desperdigados por los demás proyectos. Tengo experiencia intentando parar a este usuario por lo que si en cualquier momento detectasen que ha regresado y desean que les eche una mano les ruego que me avisen en mi discusión en meta o en reportes de vandalismo para que podamos tomar medidas, aparte de las que se puedan tomar en este proyecto particularmente. Adicionalmente si sospechan razonadamente de que un usuario podría ser un títere de éste, pueden solicitarnos que lo verifiquemos vía CheckUser en esta página. Gracias y ruego me perdonen tanto las molestias que haya podido causar como la intromisión. --Dferg 22:45, 1 de abril de 2011 (UTC)

No artigo Sexo fíxose hoxe unha edición vandálica que xa foi revertida. A ip que fixo esa edición incluíu un número de teléfono que figura agora no historial de edicións. Penso que sería mellor suprimir esa edición. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:05, 8 de abril de 2011 (UTC)

hello, since the vandalism had a phone nuber, I oversighted the edit, and blocked the IP. Matanya 13:18, 8 de abril de 2011 (UTC)

Probable vandalismo do usuario Ster*[editar a fonte]

Esta tarde, ás 18:18 rexistrouse o usuario Sterckxmiller. Ás 18.19 fixo unha edición vandálica na px do usuario Sterckxm. Ás 18.20 horas rexístrase outro novo usuario: SterKIZGHJller. Resúltame demasiado sospeitoso. Estade atentos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:54, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Eu noteino e xa bloqueei algún usuario que ten a teima de incluír insultos en alemán na páxina do Usuario:Sterckxm. Estou seguro de que son todos por parte da mesma persoa. E non o comprobei, pero seguramente tamén se trate de vandalismo global e supoño que han estar ao eito administradores globais. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:15, 6 de novembro de 2011 (UTC)

Vandalismos reiterativos de ips[editar a fonte]

Aquí deixo a mostra das obsesións desta ip. --Paradanta (Cóntame) 16:03, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)

E aquí as desta. Penso que requiren bloqueo ambas as dúas. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 16:21, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • Feito! Feito! Bloqueados por unha semana. Pedro --Lameiro (conversa) 18:40, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)
    • O 9.01 bloqueo a 93.45.27.118 que teima en escribir importantas no artigo Slash, como xa fixera onte como 93.47.134.115. Pedro --Lameiro (conversa) 23:02, 9 de xaneiro de 2012 (UTC)

Propoño protexer o artigo Unión, Progreso y Democracia polas continuas revisións sen referencias por parte de ips anónimas, cando non claros vandalismos. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 12:49, 1 de febreiro de 2012 (UTC)

IP 193.153.52.49[editar a fonte]

Solicito oo bloqueo do IP 193.153.52.49 (conversa · contribucións) e máis o IP 83.35.148.206 (conversa · contribucións), son o mesmo. O segundo IP por un periodo curto dado que é dinámico e agora está usando outro. Os motivos son: os recollidos en Wikipedia:Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista, Wikipedia:Xogar co sistema e actuar de mala fe como recoñece nesta mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:49, 6 de abril de 2012 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 18:59, 6 de abril de 2012 (UTC)
Grazas. --Prevertgl 19:02, 6 de abril de 2012 (UTC)

Mentres eu estaba escribindo a mensaxe que logo pegarei, Xas procedeu ó bloqueo. Feito está e non serei eu quen o discuta, pero gustaríame deixar a miña opinión discrepante, que non implica crítica ningunha a Xas nin a Prevert. Saúdos cordiais, Pedro --Lameiro (conversa) 19:09, 6 de abril de 2012 (UTC)

  • Discordo co bloqueo. A última edición é froito dun calentón e non debe prexulgar o que leva (levan) feito ata agora. O caso da foto dos templarios, por exemplo, creo que estaba ben eliminada do artigo sobre a homosexualidade; eu teríaa borrado se a vise antes (non sei a que se refire coa foto da felación). Outro problema é que use dúas IP para editar, pero non sei se iso é sancionable ou simplemente un problema técnico. O que sí compre é seguir atento ó que faga (fagan) no futuro, porque a impresión que dá é que vén con ganas, pero iso é unha simple impresión que non vai a ningures. Pedinlle tranquilidade e pídoche a ti tamén, Prevert, a mesma tranquilidade. O tempo -pouco tempo- porá a todos no seu sitio. Un cordial saúdo. Pedro
  • A cousa non vai da foto dos templarios, o IP estaba molesto porque HombreDHojalata retirou o texto do Cara el sol por copyvio e comezou a aplicar en diversos artigos o que di que non se debe facer en Wikipedia:Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista para tentar demostrar que o texto tiña que recuperarse. A foto da edición en cuestión onde recoñece mala fe é esta Ficheiro:Fellatio_gay.jpg. Esa foi a culminación do resto das edicións e seguia nese sentido. No artigo homosexualidade desfixen as dúas edicións a que incluía tanto a foto de antes como a dos templarios porque nese momento non se podia confiar en ningunha das edicións que fixera. Na miña opnión non tes motivos para discodar do bloqueo se realmente coñeces todo o que sucedeu. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:18, 6 de abril de 2012 (UTC)
  • Camaradas galegos, ben certo é estaba molesto con HombreDHojalata e ben certo é que o de que Wikipedia:Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista non tiña nin idea de que existía. Non xustifico con esto que o que fixen está ben. Con respecto ao tema dos bloqueos, non fai falta que me bloqueedes máis por que o único que facedes é fastidiar a outros que algunha vez queran editar neste honorable proxecto (non é ironia), non sei se vos decatastedes de que en só 10 minutos tiven cantas 4 ip?. Pois ala, deixade de bloquearme e a vivir. Saúde e República camaradas.--83.49.86.72 19:25, 6 de abril de 2012 (UTC)
  • Visto o que pasou anteriormente e, sobre todo, o que pasou posteriormente, hei de recoñecer que tiñades máis razón que un santo ó bloquear a este persoeiro. Engadir agora que co bloqueo somos nós os que estamos prexudicando a outra xente xa é recochineo. Sinto non haber mirado antes tódalas aristas do problema. Saúdos e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 21:11, 6 de abril de 2012 (UTC)
Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:29, 7 de abril de 2012 (UTC)
Engado datos sobre 69.31.50.153 (conversa · contribucións), na Wikipedia en inglés está bloqueado todo o rango 69.31.50.0/24 (256 IP) co marcador en:Template:blocked proxy. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:32, 7 de abril de 2012 (UTC)
Engado datos sobre 173.245.64.135 (conversa · contribucións), na Wikipedia en inglés está bloqueado todo o rango 173.245.64.135 (256 IP) aparece marcado como {{blocked proxy}} <!-- AnchorFree, Inc. -->) é un sitio de navegación anónima, tamén está no rexistro que teñen alí de todos os rangos de IP baneados. --Prevertgl 19:10, 7 de abril de 2012 (UTC)
A IP 88.15.71.202 (conversa · contribucións), pertence a unha rede de Telefonica de España para os servizos de internet. Non estou realizando ningun acto vandálico polo que non sei por que a miña IP foi incluida aqui. Saúdos--88.15.71.202 10:58, 8 de abril de 2012 (UTC)
88.15.71.202 (conversa · contribucións), 83.54.79.31, 69.31.50.153, 173.245.64.13583.54.77.140, 83.35.148.206, 83.42.152.176, 83.49.86.72, 83.58.21.28, 193.153.52.49, por moitos IP diferentes que use segue estando bloqueado, por favor cese nas súas edicións. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:03, 8 de abril de 2012 (UTC)
Se tedes problemas coas IP anónimas eu non teño culpa, pero non podes ir acusando á xente de que está bloqueado e poñer unha lista de IP que si o están. Para empezar o rango que ti me estas dando son ip que empezan por 83 na súa maioría, e os rangos abarcan de 31 a 206 no número final. O resto de ip polo que vexo están incluidas por ser proxys ou similares. A miña ip o único que ten de malo polo que estou vendo é que empeza por 8 e o último rango é 202 que está incluido no número "malvado" do que estades a falar. Deixa de facerte o héroe Prevert e ponte a ler un libro ou vai dar un paseo en lugar de andar bloqueando as ip, que parece que non tes máis vida home. E dito isto, xa sei que vou ser bloqueado, pero mellor, posto que vexo que esta enciclopedia de libre ten ben pouco e ben rencorosos si que son. --88.15.71.202 11:13, 8 de abril de 2012 (UTC)
      • 88.15.71.202 (conversa · contribucións), 83.54.79.31, 69.31.50.153, 173.245.64.13583.54.77.140, 83.35.148.206, 83.42.152.176, 83.49.86.72, 83.58.21.28, 193.153.52.49 por moito que intente agocharse se o IP está bloqueado non pode continuar editando calquera que sexa o IP. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:19, 8 de abril de 2012 (UTC)
Vamos a ver tolay, para empezar si no tienes ni idea de como funcionan las IP deja de hacerte el interesante haciendo como que si. Una dirección IP puede ser pública o privada. Las direcciones IP (Internet Protocol) públicas son las que proporcionan los operadores de internet como telefonica, ono o lo que quieras en este caso es 88.15.71.202 (conversa · contribucións). ¿Esto que implica? Pues que cualquier persona que utilice, en este caso telefonica como proveedor de sus servicios de internet, va a recibir una ip dinámica o una ip estática. Una ip dinámica va cambiando aleatoriamente, mientras que una ip estática no. Los direcciones ip dinámicas pueden ser proporcionadas a cualquier usuario de la red, dependiendo de la zona en la que resida. Un saludo --88.15.71.202 11:30, 8 de abril de 2012 (UTC)
88.15.71.202 (conversa · contribucións), 83.54.79.31, 69.31.50.153, 173.245.64.13583.54.77.140, 83.35.148.206, 83.42.152.176, 83.49.86.72, 83.58.21.28, 193.153.52.49 Insisto cese as súas edición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:32, 8 de abril de 2012 (UTC)
Prevert insisto buscate algo que hacer en vez de tocar los cojones a la gente, que estas hecho un rencoroso de cuidado. Un cordial saludo. --88.15.71.202 11:34, 8 de abril de 2012 (UTC)

213.60.51.9[editar a fonte]

213.60.51.9 (conversa · contribucións) keeps vandalizing. Please consider blocking it. Thanks, Mathonius (conversa) 09:16, 20 de abril de 2012 (UTC)

‎Vandalismo de 186.213.127.43[editar a fonte]

Non sei moi ben como vai isto, pero acabo de desfacer esta edición da IP que sinalei enriba. Deixo constancia aquí por se é preciso facer algo máis. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 23:28, 26 de xuño de 2012 (UTC)

Ao ser unha edición vandálica illada, non fai falla tomar ningunha medida. --Toliño Fala aquí comigo 17:28, 27 de xuño de 2012 (UTC)

Vandalismo repetido en gato[editar a fonte]

Boas, habería que protexer o artigo gato xa que últimamente anda moi movido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:59, 9 de agosto de 2012 (UTC)

  • Feito! Feito! --Xas (conversa) 09:08, 9 de agosto de 2012 (UTC)
Grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:02, 9 de agosto de 2012 (UTC)

Lumbrigante[editar a fonte]

Boas, alguén pode revisar, e se é preciso, protexer o artigo lumbrigante. Grazas, --Elisardojm (conversa) 01:08, 31 de agosto de 2012 (UTC)

Aplicados, temporalmente, protección de artigo e bloqueo de usuario, para evitar a destrucción de contidos e a guerra de edicións. --. HombreDHojalata.conversa 07:53, 31 de agosto de 2012 (UTC)
Grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:11, 31 de agosto de 2012 (UTC)

vandalismo en araña[editar a fonte]

Botádelle un ollo a araña, hai quen se equivoca de idioma. --Servando2 (Dime) 00:01, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Lameiro encargouse de desfacer a edición. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21 de febreiro de 2013 ás 19:49 (UTC)[responder]