Rexión viñateira do Alto Douro
Rexión viñateira do Alto Douro | |
---|---|
Paisaxes do Alto Douro | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV, V |
Inscrición | 2001 (25ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1046 |
A rexión viñateira do Alto Douro (Região Vinhateira do Alto Douro ou Alto Douro Vinhateiro) é unha área do nordeste de Portugal de máis de 26 mil hectáreas, clasificada pola UNESCO, o 14 de decembro do 2001, como Patrimonio da Humanidade, na categoría de paisaxe cultural.
Características[editar | editar a fonte]
Esta rexión, que está bañada polo Río Douro e forma parte do chamado Douro Vinhateiro, que produce o viño do Porto, un dos viños máis coñecidos do mundo.
A súa área total abrangue 13 municipios: Mesão Frio, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguião, Vila Real, Vila Flor, Alijó, Sabrosa, Carrazeda de Ansiães, Torre de Moncorvo, Lamego, Armamar, Tabuaço, São João da Pesqueira e Vila Nova de Foz Côa, e representa o dez por cento da Rexión Demarcada do Douro.