Paisaxe cultural de Sintra
Coordenadas: 38°46′32″N 9°25′31″O / 38.775676727295, -9.4253988265991
Paisaxe cultural de Sintra | |
---|---|
Palacio da Pena | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 38°47′50″N 9°23′26″O / 38.79722, -9.39056 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, V |
Inscrición | 1995 (19ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 723 |
A paisaxe cultural de Sintra é un sitio inscrito en 1995 como Patrimonio da Humanidade da UNESCO localizado no concello de Sintra, en Portugal.[1] O sitio abrangue unha parte da Serra de Sintra e inclúe o centro histórico da vila.
No século XIX, Sintra converteuse no primeiro centro da arquitectura romántica de Europa. O rei Fernando II transformou un mosteiro en ruínas nun palacio, onde a nova sensibilidade está á vista, no uso de elementos arquitectónicos de diversos estilos, gótico, exipcio, mourisco e renacentista. Entre os monumentos históricos localizados na Serra de Sintra salientan: o Castelo dos Mouros, o Palacio Nacional da Pena, o Convento Capuchino, o Palacio Nacional de Sintra, o Palacio de Monserrate e a Quinta da Regaleira.
Outras localizacións próximas a Sintra ofrecen combinacións únicas de parques e xardíns que tiveron grande influencia na arquitectura paisaxista europea. O monte onde se sitúan todos os monumentos foi reforestado no século XIX con especies de árbores tanto locais como exóticas doutros países, dando lugar a unha contorna natural singular. A serra, ademais, está integrada no Parque Natural de Sintra-Cascais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cultural Landscape of Sintra". UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Paisaxe cultural de Sintra en Unesco.org (en inglés)