Centro histórico de Évora
Centro histórico de Évora | |
---|---|
Sé de Évora | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 38°34′N 07°54′O / 38.567, -7.900 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1986 (10ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 361 |
O centro histórico de Évora é un espazo urbano intramuros que ten raíces que se remontan á época do Imperio Romano. A cidade aínda conserva, en gran parte da súa área central, vestixios de diversas civilizacións e culturas: celtas, romanos, árabes, xudeus e cristiáns influíron na cultura da cidade. Alcanzou a súa época dourada no século XV, cando se converteu na residencia dos reis de Portugal. A calidade arquitectónica e artística do casarío branco ou decorado con azulexos e varandas de ferro forxado, datadas nos séculos XVI a XVIII, é única. Os monumentos da cidade tiveron tamén unha profunda influencia na arquitectura portuguesa no Brasil.
O centro histórico de Évora, formado por rúas estreitas e prazas, ten unha extensión de 107 hectáreas e está claramente delimitado polas murallas medievais, cunha lonxitude de máis de 3 km.
No lado sur da antiga muralla atópase a Praza do Giraldo, da cal parten as principais rúas en forma radial.
En 1986, o centro histórico de Évora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1][2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Historic Centre of Évora". UNESCO Culture Sector. Consultado o 11 de marzo de 2015.
- ↑ Instituto de Gestão do Património Arquitectónico e Arqueológico (ed.). "Centro histórico de Évora".
- ↑ Monumentos.pt (ed.). "Centro histórico de Évora".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro histórico de Évora |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Centro histórico de Évora en Unesco.org (en inglés)