PO-552

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-552
Mapa
Estrada PO-552
Estrada PO-552 no paso por Oia (Vigo)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude71,21 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio Avenida de Citroën  (Vigo)
Fin N-551  Tui

A PO-552[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Vigo e Tui; atravesa os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. Ten unha lonxitude de 71,21 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa Avenida de Citroën en Vigo e finaliza nun cruzamento coa N-551 en Tui. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da antiga estrada comarcal C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

Como a Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) mantén a denominación da súa Rede Primaria Básica Convencional, é por isto polo que non se chama GA-552. O 552 débese á continuidade da N-552.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Comeza na rotonda viguesa onde conflúen a Avenida de Citroën e a circunvalación de Vigo, VG-20. Segue cara a Santo André de Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns, rodeando os montes do Maúxo. Continúa polas parroquias de Priegue e Nigrán, ata chegar á Ramallosa, onde se cruza coa PO-340 e a PO-325.

Cruza o río Miñor, e chega a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Continúa, pasando por Sabarís, O Burgo e a vila de Baiona ata pasar Cabo Silleiro en Baredo. Dende aí, segue polos pés da Serra da Groba.

Pasa polas parroquias oienses de Mougás, Viladesuso, Pedornes e Santa María de Oia; pola parroquia do Rosal e as parroquias guardesas de Salcidos e A Guarda, nesta última realiza un xiro para seguir o curso do río Miño. Prosegue polas parroquias de Salcidos, San Miguel de Tabagón, San Xoán de Tabagón, As Eiras, Goián, Figueiró (onde se une coa PO-344), Estás, Tomiño, Forcadela, Amorín, Currás e Sobrada. Remata na parroquia do Regueiro, onde conflúe coa estrada nacional N-551.

Nomes locais[editar | editar a fonte]

Densidade do tráfico[editar | editar a fonte]

O primeiro tramo Vigo-Baiona é o que maior densidade de tráfico ten xa que nel están as zonas residencias e industriais. En Coruxo, alcanza, aproximadamente, 15.000 vehículos/día.[3]

O segundo tramo Baiona-A Guarda é o que menor densidade presenta. E o terceiro tramo A Guarda-Tui ten unha densidade media composta por tráfico local.

Notas[editar | editar a fonte]