OU-504

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OU-504
Mapa
Estrada OU-504
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude26,62 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio N-120  Ribadavia
Fin OU-901  San Cristovo de Cea

A OU-504[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ribadavia e San Cristovo de Cea; atravesa os concellos de Ribadavia, Beade, Leiro, Cenlle, O Carballiño, San Amaro, Maside e San Cristovo de Cea. Ten unha lonxitude de 26,62 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-120 en Ribadavia e finaliza nun cruzamento coa OU-901 en San Cristovo de Cea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.