CG-4.2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CG-4.2
Corredor do Baixo Miño
Mapa
Vía de altas prestacións CG-4.2
Identificador
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude10,16 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio PO-552  Goián
Fin PO-552  A Guarda
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A CG-4.2 ou Corredor do Baixo Miño[1][2] (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Goián (Tomiño) e A Guarda; atravesa os concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. Ten unha lonxitude de 10,16 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-552 en Goián (Tomiño) e finaliza nun cruzamento coa PO-552 na Guarda.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda da estrada PO-552 co cruzamento á outra estrada PO-553, para a estrada PO-552, con direccións, un ao leste a Tui e outro ao oeste á parroquia de Goián (concello de Tomiño) e para a estrada PO-553, ao ponte da Amizade coa fronteira portuguesa na parroquia de Goián. Seguindo á rotonda da estrada EP-3302, con direccións, un ao norte ao lugar do Calvario (concello do Rosal) e outro ao sur ao lugar de Valdraspa (mesmo concello) no lugar de Valdraspa, pasa polo viaduto do río Tamuxe duns 950 metros, tres falsos túneles na zona do lugar dos Lagos e seguindo á rotonda da Avenida Francisco Lomba, con direccións, un ao norte ao lugar de Pintán (concello da Guarda) e outro ao sur ao lugar da Gándara (mesmo concello) no lugar de Pintán. Remata na rotonda da estrada PO-552 con direccións, un ao oeste á Guarda e outro ao leste ao lugar da Devesa (concello do Rosal) na parroquia de Salcidos.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciaron en decembro de 2009.[3] En 2010[4] paralizaron as obras pola crise e renovaron as obras en setembro de 2011[5][6] para estar inaugurado en xullo de 2014.[7][8]

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 CG-4.2   PO-552  Goián -  PO-552  Salcidos 10,2 2014[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "La Xunta retoma el trazado del 2004 para la autovía de O Baixo Miño". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2009. 
  4. "La autovía inacabable". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2016. 
  5. "Resolución de 12 de septiembre de 2011, del Servicio de Infraestructuras de la Jefatura Territorial de Pontevedra, por la que se señala la fecha para el levantamiento de actas previas a la ocupación -trámite de urgencia-, para la expropiación de los bienes y derechos afectados por el proyecto modificado nº1 de las obras "VAC Tui (incluido enlace autovía a Portugal)-A Guarda, Tramo: III Goian-A Guarda", Clave: PO/03/009.01.3.M1". BOE (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2011. 
  6. "La Xunta sólo ejecutará el primer tramo de la autovía Tui-A Guarda porque "no hay dinero"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  7. 7,0 7,1 "Feijóo destaca que no últimos cinco anos a Xunta incrementou un 50% os quilómetros de vías de altas prestacións autonómicas e que Galicia conta hoxe con 460 quilómetros, 147 máis que en 2009". Consultado o 11 de xullo de 2014. 
  8. 8,0 8,1 "La nueva vía rápida de A Guarda a Goián recibirá 4.500 coches al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2014.