Osamu Shimomura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOsamu Shimomura

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 下村脩 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1928 Editar o valor em Wikidata
Fukuchiyama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 2018 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Nagasaki, Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesenilidade Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nagoia
Universidade de Medicina de Nagasaki Editar o valor em Wikidata
Altura182 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica, bioloxía, química orgánica e bioloxía mariña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , químico orgánico , catedrático , bioquímico , biólogo mariño Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nagoia
Universidade de Boston Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosTsutomu Shimomura Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: 下村-3 Find a Grave: 194129821 Editar o valor em Wikidata

Osamu Shimomura (下村 脩 Shimomura Osamu?), nado en Fukuchiyama (prefectura de Quioto) o 27 de agosto de 1928, e finado o 19 de outubro de 2018, foi un químico orgánico e biólogo mariño xaponés[1] galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2008[2] polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP), xunto aos estadounidenses Martin Chalfie e Roger Y. Tsien.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shimomura foi educado en Manchuria e Osaca, onde o seu pai, oficial do exército, estaba destinado. Posteriormente trasladouse a Isahaya, Nagasaki. A súa muller, Akemi, á que coñeceu na Universidade de Nagasaki, é tamén química orgánica e compañeira nas súas investigacións. O seu fillo, Tsutomu Shimomura, é un experto en seguridade informática que colaborou no arresto do hacker e phreaker Kevin Mitnick.

Estudos académicos e traballo científico[editar | editar a fonte]

O profesor Shimomura posúe un Ph.D. en química orgánica e é profesor emérito de dúas institucións científicas dos Estados Unidos, o Marine Biological Laboratory (MBL) situado en Woods Hole, Massachusetts (onde traballou desde 1980 ata a súa xubilación, en 2001) e a Boston University Medical School.

O 8 de outubro do 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto a Martin Chalfie e Roger Y. Tsien, polo seu traballo coa proteína fluorescente verde (GFP), dentro dos seus estudos da medusa Aequorea vitoria e da proteína aequorina.[3][4] O profesor Shimomura foi o primeiro que illou e describiu a GFP da medusa, e descubriu que a GFP, ao recibir radiación ultravioleta, emite unha luz verde.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Nobel Prize in Chemistry 2008
  2. "The Nobel Prize in Chemistry 2008". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 03 de abril de 2011. 
  3. Shimomura, Osamu (1995). "A Short Story of Aequorin" (PDF). The Biological Bulletin (en inglés) 189: 1–5. Consultado o 29 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Nobel de Química, a innovadora herramienta para la biología - La Jornada". (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Gerhard Ertl
Premio Nobel de Química

2008
con
Martin Chalfie e Roger Y. Tsien
Sucesor:
Venkatraman Ramakrishnan,
Thomas A. Steitz
e
Ada Yonath,