Dudley R. Herschbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDudley R. Herschbach

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
San Jose, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade Stanford
Campbell High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseEdgar Bright Wilson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , físico , matemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Texas A&M (pt) Traducir, catedrático (2005–)
Universidade Harvard, catedrático (1963–2003)
Universidade de California en Berkeley, professor associado (pt) Traducir (1961–1963)
Universidade de California en Berkeley, professor assistente (pt) Traducir (1959–1961)
Universidade Harvard (1957–1959)
Universidade de California en Berkeley
Universidade Texas A&M (pt) Traducir
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAnita Goel (pt) Traducir, Richard Zare (pt) Traducir e Seong Keun Kim (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dudley R. Herschbach, nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA), é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Stanford, onde se graduou en 1954 e 1955 respectivamente en matemáticas e química. Posteriormente doutorouse en química na Universidade Harvard en 1958, e iniciou a súa tarefa docente en fisicoquímica na Universidade de California, Berkeley, para retornar en 1963 a Harvard. Desde 2005 é profesor de física na Universidade de Texas A&M.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Xunto a Yuan T. Lee foi un dos primeiros científicos en adoptar a técnica dos haces moleculares con fins de investigación química. A creación en 1959 dun aparello co cal dous haces, cada un deles formado por partículas dunha mesma substancia, podían entrecruzarse permitiu a colisión de átomos e moléculas de diferentes especies, reaccionando entre si. Esta colisión permitiu observar como o produto resultante escapa do lugar no que se cruzan os haces. Co uso dunha variedade de detectores de partículas pódese determinar a enerxía dos produtos da reacción e a forma en que esta enerxía se distribúe entre as diferentes formas posibles, como a translación (movemento da molécula no seu conxunto), a vibración (oscilacións internas das partes das moléculas) e a rotación.

En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Yuan T. Lee e o químico canadense John Charles Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Herbert A. Hauptman
e
Jerome Karle
Premio Nobel de Química

1986
con
Yuan T. Lee
e
John Charles Polanyi
Sucesor:
Donald James Cram,
Jean-Marie Lehn
e
Charles J. Pedersen