Zeya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zeya / Mozhayets 2
TipoCientífico / militar
OrganizaciónAcademia militar Mozhaisky
Destino actualReentrado na atmosfera terrestre.[1]
Data de lanzamento4 de marzo de 1997, 2:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorStart-1.2[3][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Svobodniy[3][6]
Obxectivo da misiónComunicacións e xeodesia.[3][6]
Decaemento25 de outubro de 1999[1]
NSSDC ID1997-010A
Masa87,0 kg[3]

Zeya, coñecido tamén como Mozhayets 2, foi un satélite artificial da Academia militar Mozhaisky lanzado o 4 de marzo de 1997 mediante un foguete Start-1.2 desde o cosmódromo de Svobodniy.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Zeya foi un satélite con fins educativos e con varios obxectivos. Foi nomeado polo río Zeya, próximo ao cosmódromo desde onde foi lanzado o satélite. Foi á súa vez a primeira nave lanzada por un foguete Start-1.2 e a primeira lanzada desde Svobodniy. A bordo levaba un equipo de radio afeccionado, un receptor GPS e outro GLONASS e un retrorreflector láser, co que foi usado para facer probas de comunicacións e experimentos xeodéticos. Zeya reentrou na atmosfera terrestre o 25 de outubro de 1999.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ZEYA" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 9 March 2000 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (00-52517). 24 de marzo de 2000: 1. Consultado o 30 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (27 de abril de 2016). "Zeya" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de abril de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Zeya (Mozhaets)" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Mozhayets 1, 2, 3, 4 (RS 16, 20, 22, Zeya / RVSN 40 / Sankt Petersburg 300)" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Zeya" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]