Xurxo Solitario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tartaruga da Illa Pinta
Lonesome george.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EW gl.svg
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Familia: Testudinidae
Xénero: Geochelone
Nome científico
Geochelone nigra abingdoni
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Xurxo Solitario é o nome dado ao último espécime coñecido da subespecie Geochelone nigra abingdonii, unha das once subespecies da tartaruga de Galápagos, nativa das Illas Galápagos.

Índice

[editar] Historia e características

Xurxo foi atopado na illa Pinta en 1971 por uns cazadores de cabras. O seu nome deriva de que se cre que é o último da súa subespecie, e posibelmente en honra do actor cómico estadounidense George Gobel (Lonesome George en inglés). Na actualidade vive no Centro de Investigación Charles Darwin das illas. Calcúlase que ten entre 70 e 80 anos de vida, nunhas especies que poden vivir ata entre 120 e 200 anos.

Aínda que non está descartada a posibilidade de que haxa algún outro exemplar na illa de Pinta desta subespecie, nos últimos corenta anos non foi avistado ningún, e xa cando se atopou a Xurxo críase que as tartarugas desa illa estaban extintas. Con todo, Xurxo foi pechado xunto con dúas femias de Geochelone nigra becki da illa Wolf, unha subespecie similar, coa esperanza de que os seus xenes se conservasen na descendencia. Pero estes experimentos de reprodución en catividade non tiveron éxito ata o momento.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Nicholls, H. (2006) Lonesome George: The Life and Loves of a Conservation Icon, Macmillan Science, London, 2006. http://myweb.tiscali.co.uk/henry/
  • Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group 1996. Geochelone nigra ssp. abingdoni. In: IUCN 2006. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 20 May 2006.
  • Lonesome George: The Life and Loves of a Conservation Icon (ISBN 1-4039-4576-4) by Henry Nicholls.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas