Xoán, patriarca de Antioquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xoán de Antioquía (patriarca)")
outras persoas co mesmo nome: Xoán de Antioquía (cronista)

Xoán de Antioquía foi Patriarca de Antioquía (429–441) e dirixiu un grupo de bispos orientais moderados durante a controversia de Nestorio. Ás veces confúndeselle con Xoán Crisóstomo, a quen en ocasións tamén se denomina Xoán de Antioquía. Xoán apoiou activamente ao seu amigo Nestorio na disputa deste con Cirilo de Alexandría. En 431, non puido chegar a tempo para a reunión inicial do Concilio I de Éfeso. Cirilo, coa sospeita de que Xoán estaba a empregar tácticas dilatorias para apoiar a Nestorio, decidiu non esperar e por en marcha o concilio sen Xoán e os seus partidarios, condenando a Nestorio. Cando Xoán puido chegar a Éfeso, días despois do inicio do concilio, promoveu un concilio alternativo que condenou a Cirilo e defendeu a Nestorio.

Dous anos máis tarde, en 433 Xoán reconciliouse con Cirilo utilizando a Fórmula de Reunión, un escrito teolóxico pensado coma un compromiso entre as partes. No proceso, Xoán perdeu a moitos dos seus partidarios no seu patriarcado.

Inda se conservan algunhas das súas cartas.

Notas[editar | editar a fonte]

  • The Oxford Dictionary of the Christian Church (3rd ed.), p. 887