Xavier Gómez Guinovart
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, informático teórico |
Membro de | |
Francisco Xavier Gómez Guinovart é un informático galego, profesor da Universidade de Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]fotografía |
Gómez Guinovart é o fundador do Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo. Autor de numerosas publicacións de lingüística computacional e membro da xunta directiva da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural.
É responsable principal dos seguintes desenvolvementos:
- Tradutor automático español <-> galego OpenTrad/Apertium.[1]
- OrtoGal - Corrector ortográfico en liña do galego.[2]
- Dicionario CLUVI inglés-galego.[3]
- Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI).[4]
- Corpus Técnico do Galego (CTG).[5]
- FreeLing Galego - Análise lingüística automática do galego.[6]