Wojtek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wojtek

Wojtek, diminutivo de Wojciech, nado en 1942 e finado en decembro de 1963, foi un oso pardo sirio adoptado polos soldados da 22ª Compañía de Artillaría do exército polonés durante a Segunda Guerra Mundial. Na Batalla de Montecassino, Wojtek axudou a mover municións do exército. Tras a finalización da guerra, o oso foi levado a Escocia e ficou no Zoolóxico de Winfield Park, converténdose nun exemplar moi famoso durante moitos anos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wojtek