Wikipedia:Wikiclubs de editores da Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Un wikiclub de editores da Galipedia é un grupo de persoas que se xuntan periodicamente para aprender a editar artigos da Galipedia e coordinarse nestas tarefas, poden estar centrados nun tema ou unha localidade concreta, ou non.

Os wikiclubs de editores da Galipedia teñen unha filosofía e funcionamento semellante ós clubs de lectura dunha biblioteca, son un evento regular que ofrece espazo para todos os interesados ​​en contribuír á enciclopedia libre. Estudantes, profesores, mozos e maiores, candidatos sen experiencia previa e expertos wikipedistas, todos son benvidos. O obxectivo para os principiantes é ter afouteza, aprender o básico e comenzar. Os máis avanzados poden aprender cousas diferentes os uns dos outros, cooperar na creación de artigos, organizar actividades de difusión etc.

Funcionamento dun wikiclub de editores da Galipedia[editar a fonte]

Reunión quincenal do Wikiclub de Bruselas.

Un wikiclub de editores da Galipedia ten un funcionamento moi semellante a un club de lectura dunha biblioteca, pero neste caso, en vez de ler e comentar un libro, os participantes aprenderán a editar na Galipedia, crearán ou mellorarían artigos, falarán dos problemas atopados, organizarán os artigos nos que poñerse a traballar, crearán actividades de difusión da Wikipedia etc. Tamén poden colaborar cos propios clubs de lectura para axudarlles a crear os artigos dos libros que len.

Os wikiclubs reúnense periodicamente, quincenal ou mensualmente, e poden estar centrados nun tema determinado, poden centrarse nos artigos relacionados cunha localidade ou un tema, ou simplemente poden traballar de forma xeral na creación de artigos organizando os traballos a realizar nas súas reunións.

É necesario que as reunións se fagan nun local con conexión a Internet e con espazo para traballar cos equipos dos participantes. Pode ser moi útil facelo nunha sala con ordenadores, así os membros non terán que carrexar os seus propios equipos. Tamén é moi interesante que o lugar de reunión estea preto dunha biblioteca para poder acceder, de forma rápida, ós libros necesarios para achegar contidos ou referencias ós artigos nos que se traballe.

Nas reunións de traballo, os editores máis experimentados na edición axudarán ós novos editores a mellorar as súas capacidades de creación de artigos e a resolver as súas dúbidas, así o grupo vaise autoformando.

Tamén se poden facer actividades de difusión e de introdución e animación á edición, organizando wikiconcursos, wikimaratóns etc.

A participación é voluntaria e as actividades son gratuítas.

Obxectivos dun wikiclub[editar a fonte]

  • Formar ós novos editores para facilitar os seus comezos na wiki.
  • Resolver problemas de edición, políticas, etc, entre os membros do wikiclub.
  • Organizar o traballo nas áreas que sexan de interese para os membros do wikiclub.
  • Difundir o uso da Galipedia nos diferentes eidos.
  • Realizar de actividades de difusión da edición da Galipedia.
  • Outras...

Anota aquí o teu wikiclub![editar a fonte]

Os wikiclubs que se vaian creando poden apuntarse aquí para que o resto de usuarios os poidan coñecer. Engade a ligazón á páxina do wikiclub.

Se queres, podes usar a páxina do Wikiclub de Bruselas como base para crear a do voso.

Véxase tamén[editar a fonte]

Ligazóns externas[editar a fonte]