Wikipedia:Trebellos/Ventás emerxentes de navegación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captura de pantalla que mostra o aspecto das ventás emerxentes de navegación.

As ventás emerxentes de navegación son un trebello, escrito en JavaScript (fonte), que ofrece un acceso sinxelo a vistas previas de artigos e a varias funcionalidades da Wikipedia en ventás emerxentes que aparecen ao pasar o cursor do rato sobre as ligazóns.

  • Instalación rápida: vai ás túas preferencias, preme sobre a lapela "Trebellos" e selecciona a caixa para activar as ventás emerxentes; logo garda os cambios. Segue as instrucións da páxina para limpar a memoria caché do teu navegador.
  • Outro método de instalación: engade o seguinte código ao teu monobook.js (ou o ficheiro equivalente se usas unha aparencia diferente). Olla a sección de embaixo para ler as instrucións completas.

Se tes problemas ou algunha dúbida, consulta as preguntas máis frecuentes (en inglés).

Características[editar | editar a fonte]

  • Ao pasar o cursor do rato por riba dunha páxina:
    • Dá unha vista previa da primeira parte do texto da páxina.
    • Dá unha vista previa da primeira imaxe da páxina.
    • Dá unha vista previa da información da páxina seleccionada: tamaño, número de ligazóns, número de imaxes, número de categorías e tempo des que se creou a páxina.
    • Dá información sobre redireccións, bosquexos e páxinas de homónimos.
    • Dá a posibilidade de editar a páxina, a conversa, ollar o historial, a edición máis recente, as edicións do editor máis recente[1], os cambios desde a túa última edición[1], as páxinas que ligan con esa e os cambios relacionados, mover a páxina, vixiala ou deixala de vixiar e protexela ou desprotexela (só os administradores) cun só clic.
  • Ao pasar o cursor do rato por riba dunha imaxe:
    • Dá unha vista previa da imaxe.
    • Dá unha vista previa da descrición do ficheiro.
    • Dá unha vista previa das ligazóns do ficheiro.
    • Diche se a imaxe está dispoñible no Commons.
  • Ao pasar o cursor do rato por riba dun usuario:
    • Dá a posibilidade de ir á páxina do usuario, ao espazo do usuario, editar a súa conversa, enviarlle un correo electrónico e ollar as súas contribucións, o seu rexistro de usuario e de bloqueos, ir ao seu contador de edicións e bloquear o usuario (só os administradores) cun só clic.
  • Ao pasar o cursor do rato por riba das notas ao pé:
    • Dá unha vista previa dos contidos das notas.
  • Ao pasar o cursor do rato por riba de calquera ligazón interna:
    • Dá a posibilidade de limpar a memoria caché das ventás emerxentes[2].
    • Dá a posibilidade de activar/desactivar as vistas previas[2].
    • Dá a posibilidade de activar/desactivar as ventás emerxentes[2].
  • Dá unha vista previa das diferenzas e acceso e acceso ás revisións na lista de vixilancia, historial e cambios relacionados.
  • Dá unha vista previa das ligazóns internas seleccionadas durante a edición.
  • Dá a posibilidade de reverter os vandalismos cun só clic a través do historial.
  • Dá a posibilidade de procurar na Wikipedia, procurar globalmente na Wikipedia e procurar co Google.
  • Dá a posibilidade de definir claves para os atallos (opcional).
  • Dá a posibilidade de arranxar automaticamente as ligazóns das redireccións dobres e as páxinas de homónimos (opcional).
  • Funciona en todos os wikis da Wikimedia.

Instalación[editar | editar a fonte]

Debes ter unha conta de usuario para poder instalar e usar as ventás emerxentes de navegación. Se aínda non tes unha conta necesitarás crear unha e acceder ao sistema.

O seguinte paso é engadir

{{subst:emerxentes}}

á túa páxina monobook.js. Isto incluirá o seguinte código no teu ficheiro .js:

document.write('<script type="text/javascript" src="' 
    + 'http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:Toliño/strings-gl.js' 
    + '&action=raw&ctype=text/javascript&dontcountme=s"></script>');
 
document.write('<script type="text/javascript" src="' 
    + 'http://en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Lupin/popups.js' 
    + '&action=raw&ctype=text/javascript&dontcountme=s"></script>');

Nota: se estás a usar unha aparencia que non sexa a MonoBook (por defecto), o ficheiro que deberás editar é un dos que aparece a continuación:

Despois de gardar a páxina, limpa a memoria caché do teu navegador. A partir dese momento, asumindo que non tes o JavaScript desactivado, debería aparecer unha ventá emerxente cada vez que pases o cursor por riba dunha ligazón interna na Wikipedia. Se usas máis dun navegador ou máis dun PC, poida que teñas que borrar a caché de todos para que aparezan os emerxentes.

Para desinstalar a escritura, borra as liñas que engadiches na instalación e limpa a caché.

Traducións[editar | editar a fonte]

Olla esta páxina para atopar as traducións dispoñibles e ler información sobre como crear unha nova tradución da interface nunha nova lingua.

Comentarios[editar | editar a fonte]

Para realizar calquera suxestión, informar sobre un problema ou resolver unha dúbida en relación con esta ferramenta ponte en contacto co usuario Lupin da Wikipedia en inglés. Existe tamén unha páxina onde deixar comentarios.

Se as suxestións son en relación coa tradución galega, ponte en contacto co usuario Toliño ou deixa un comentario na conversa da tradución das cadeas desta ferramenta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nos navegadores seleccionados, incluído o Microsoft Internet Explorer.
  2. 2,0 2,1 2,2 Nos navegadores seleccionados, incluído o Mozilla Firefox.