Wikipedia:Presentación de introdución ó Editor Visual/p4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Crea o teu usuario
 
Imos crear un usuario premendo en "Crear unha conta".


Inserimos o nome e contrasinal.


Podemos indicar o correo agora ou deixalo para máis adiante.


Só hai que inserir o texto de seguridade.

Anterior                                                                                   Comezo                                                                                             Seguinte

 

O primeiro que imos facer é crear un usuario. Os usuarios permiten ter unha "identidade" no proxecto e outras vantaxes: (indicar)

Para dar de alta un usuario hai que ir á ligazón de "Crear unha conta" e encher os datos que se piden. Non fai falta que o nome de usuario sexa o nome propio de cada un, tan só están prohibidos nomes de usuario con insultos ou ofensivos. É recomendable indicar unha dirección de correo electrónico para que o sistema poida enviarnos avisos e que outros usuarios poidan comunicarse por correo con nós, se o desexamos.

Despois de darnos de alta imos comenzar a aprender a editar na nosa páxina de usuario.