Wikipedia:Imaxes para borrar/Imaxe:Wiki5anos.png
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Imaxe:Wiki5anos.png[editar a fonte]
- RAZÓN -- Imaxe dun terceiro cedida sen seguir o procedemento necesario. Lansbricae (Ti dirás) 20:53, 10 marzo 2008 (UTC)
- ARGUMENTOS -- Agora xa pasado o tempo do aniversario creo que esta imaxe debe ser borrada porque incumple a normativa de imaxes. Trátase dunha imaxe cedida por un terceiro ao dominio libre. A galipedia non ten un sistema para subir este tipo de imaxes agás que a suba o propio deseñador. A outra alternativa é que se subise a Commons a través de OTRs, sistema no que queda a necesaria constancia da cesión expresa do deseñador.
Por outra banda ao tratarse dun deseño baseado no logo de wikipedia non é de dominio público senón copyright de wikipedia como se correxiu pero a fonte segue a indicar que o deseñador orixinal a cedeu ao dominio público.
O choio das imaxes feitas por terceiros son complicadas, para iso creo que a mellor alternativa foi a que sinalou noutro lugar Lameiro tentar convencer ao amigo de turno que se rexistre na Galipedia e que sexa el mesmo o que a suba. Lansbricae (Ti dirás) 20:53, 10 marzo 2008 (UTC)
Manter. Antes de ser marcada esta imaxe, pasara eu sobre ela e tiven que reflexionar bastante sobre se procedía ou non o procedemento OTRS. Decidín que non procedía, que era dispensable. A continuación expoño o motivo.
O procedemento do OTRS é moi válido para imaxes no "Dominio Público" (o 99,999% das da Galipedia e Commons). Se un usuario desexa cargar unha imaxe realizada por outra persoa ou organización, debe de conseguir que esa outra persoa ou organización lle indique:
- a licenza con que a imaxe se publica en Commons e
- asine o seguinte texto, (para asinar debe devolverllo por correo indicando que o leu e acepta). Isto faise fundamentalmente por conseguir a estabilidade do proxecto, pois non é permisible que o usuario que fixo a imaxe pretenda rectificar a licenza, fundamentalmente restrinxir os dereitos de uso.
Pero esta imaxe non presenta ese problema. Esta imaxe é unha obra derivada e, como tódalas obras derivadas, debe manter a licenza do orixinal. A isto hai que engadir que os logos de Wikimedia non están no dominio público, polo que o autor da obra derivada non pode restrinxir máis o uso da imaxe, nin sequera pode usala particularmente.
Ademais, a imaxe só ten finalidade de empregarse durante un tempo moi limitado.--Lmbuga Commons - Galipedia 14:15, 12 marzo 2008 (UTC)
Manter Pareciame loxico e co que di Lmbuga xa non teño dubida pa votar ElviraConversa con mi 14:29, 12 marzo 2008 (UTC) Por demais pareceme ben de gardar a imaxe pa historia da Galipedia. ElviraConversa con mi 14:32, 12 marzo 2008 (UTC)
- Comentario. E onde consta que o deseñador que fixo a obra derivada ten coñecemento desto? Na caixa de información consta que o deseñador a cedeu ao dominio público non que faga unha obra derivada que vai ter o copyright de wikimedia. O autor da obra derivada debe dar consentemento expreso e directo de que coñece que o feito por el vaia a estar neste caso no copyright de wikipedia. Con respecto a que a imaxe vaia a ter pouco uso discordo xa que está en wikipedia:Actualidade e ten visos de permanencia. Creo que a permanencia desta imaxe vai a dar lugar a equívocos nos usuarios, xa que representa unha imaxe (obra derivada) realizada por un terceiro descoñecido que da o seu consentemento verbal a un usuario da galipedia que é o que sube o traballo que non é seu. Non vexo a diferenza que sinala Lmbuga con respecto ao consentemento e orixe. Concordo nas limitacións do uso e a obriga de manter a licenza pero non que ten que ver eso con que a forma en que se subiu a imaxe non sexa válida. Lansbricae (Ti dirás) 15:05, 12 marzo 2008 (UTC)
- Comentario A ver si falamos das mismas cousas ? Unha obra derivada non quita os direitos da obra orixinal. Niste caso a obra orixinal e propriedade wiki, non esta no dominio publico e o que quer fager obra derivada ten que pedir permiso a wiki. Agora tal como se redactou, con elegancia a caixa de informacion pois estaria mal que un representante da wikimedia fose fagerlle lio a perona que tuvo a amabilidade de arranxaros o logo dos 5 anos, xa que esa persoa non colleu a responsabilidade de subila. A proposta de borro leva como razon : RAZÓN -- Imaxe dun terceiro cedida sen seguir o procedemento necesario.. Pa mín esta claro no que di Lmbuga e expreseino co voto : a imaxe do logo dos 5 anos non é unha imaxe dun terceiro nin obra orixinal nin obra derivada, e efectivamente seria ridiculo irlle pedir a alguén direitos que non ten.ElviraConversa con mi 17:07, 12 marzo 2008 (UTC)
- Elvire non entendo que dis, logo se non é unha obra orixinal nin obra derivada que é unha entelequia? É unha obra derivada con copyright da wikipedia feita por un terceiro. Toda imaxe subida por alguén que non sexa o propio autor dos cambios neste caso por ser obra derivada, debe seguir o procedemento indicado por wikimedia OTRS para que quede a constancia expresa de que o autor da obra derivada coñece as consecuencias da cesión do seu traballo e deste xeito dar maior estabilidade ao proxecto como ben di Lmbuga, evitando consentementos viciados (sen o coñecemento de causa suficiente para consentir). OTRS funciona tanto para obras no Dominio Público como para Obras Derivadas, e non só co fin de que o que fixo a obra derivada quixese mudar ou limitar a licenza máis adiante, senón para o fin principal de garantir que quen cede unha imaxe propia ou o traballo feito xerando unha obra derivada coñeza que non cabe marcha atrás e quede constancia expresa de que entende e acepta as condicións establecidas por wikimedia. É evidente que esta imaxe non podería estar en Commons tal e como foi subida aquí polo que creo que tampouco debería poder permanecer aquí. Concordo en que é ridículo irlle pedir dereitos a alguén que non os ten pero non sei que significado ten en todo este tema. Lansbricae (Ti dirás) 17:29, 12 marzo 2008 (UTC)
- Lansbricae tu entendes que debese borrar por que é obra derivada dun terceiro que ten direitos. Eu entendo que é obra derivada da Galipedia e que ningun terceiro ten direitos nela, non vexo como identificar niste caso a obra derivada dun terceiro con direitos proprios. A unica razon que me gusta que non se borre é pa que queda no historial da Galipedia.ElviraConversa con mi 17:45, 12 marzo 2008 (UTC) Engado que o que me parece importante é que o logo wiki non esta no dominio publico e que eu sepa wikimedia non lle deu direitos a ninguen pa fager unha obra deribada.ElviraConversa con mi 17:53, 12 marzo 2008 (UTC)
- Mantense. --Xabier Cid Conversa 16:20, 23 novembro 2008 (UTC)
Votación PECHADA: Borrar a imaxe Wiki5anos.png
Período de votación: 20/3/2008 - 23/11/2008
SI: 1 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |