Wikipedia:Eleccións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atención, ler ata o final; as posibeis variacións están alí.[editar | editar a fonte]

Tradución realizada o 01/06/05 de Wikipedia:Elections:



Saúdos a todos,

As eleccións de 2005 para o Consello de Delegados (Board of Trustees) da Fundación Wikimedia comezarán moi pronto. Seredes vós, wikipedistas, quen escolleredes dous representantes de entre os contribuintes a Wikimedia de todo o mundo. Os membros do Consello de Delegados dispoñen da última palabra en relación á Fundación Wikimedia. O papel do consello non é o goberno do sitio web.

Votaranse dos postos. Serán escollidos para dous anos e non haberá distinción entre eles. Para poder votar deberás ter realizado un mínimo de 400 edicións en todal nos proxectos Wikimedia antes do 30 de maio de 2005 ás 0:00 (UTC) e unha delas, como mínimo, tivo que ser feita nos 90 días previos á votación. Téñase en conta que os Responsábeis da Elección teñen o poder de revogar votos de usuarios expulsados permanentemente e de quen caia no fraude. Considerarase que votar desde máis de un proxecto é tamén fraude.

A elección levarase a cabo mediante o voto por Aprovación. Cada votante poderá votar por tantos candidatos como lle pareza para cada posto. Os dous candidados que teñan máis votos serán declarados gañadores. No caso de empate anunciarase unha segunda ronda.

Os candidatos interesados poderán preencher un formulario de inscrición en Candidatos á Elección de 2005 a partir do 7 de xuño de 2005 ás 00:00 (UTC). A continuación, terán tres semanas para presentarse ao resto da comunidade Wikimedia. Os coordenadores de tradución traducirán as entradas para todas as linguas posíbeis e despois comezará a votación.

Este é o calendario para a elección deste ano:

Inscrición de candidatos

  • desde o 7 de xuño de 2005 ás 0:00 (UTC)
  • até o 27 de xuño de 2005 ás 0:00 (UTC)

Votación

  • desde o 28 de xuño 2005 ás 0:00 (UTC)
  • até o 11 de xullo 2005 ás 0:00 (UTC)

Se falas outras linguas, traduce este aviso e colócaa no proxecto Wikimedia respectivo desas linguas. Unha vez feito, notifícao a Traducións das notificacións das Eleccións de 2005.

Se queres revisar as traducións doutras notas, rexístrate en Traducións das notificacións das Eleccións de 2005#Coordenadores.

Por último, querémoslles desexar a mellor das sortes a todos os candidatos nesta elección.

Responsábeis das Eleccións. Comité electoral de Wikimedia




Wikipedia:Novas sobre as eleccións[editar | editar a fonte]

Mudáronse os requisitos para votar. Con anterioridade eran "400 en total antes do 30 de maio de 2005 ás 00:00 (UTC)", pero agora é "un mínimo de 400 modificacións con anterioridade ao 30 de maio de 2005 ás 00:00 (UTC) no proxecto da Wikipedia desde o que vote."

Esta modificación foi suxerida polo Consello (ver Wikimedia:Meetings/June_7,_2005) para nos axudar a prever erros e a posibilidade de votos fraudulentos.

Grazas pola vosa comprensión.

15 de xuño de 2005, 09:57 (UTC)
Responsábeis das Eleccións. Comité electoral de Wikimedia