Voo da Learjet 45XR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo da Learjet 45XR
M-GLRS-01.jpg
Un avión similar ó accidentado
Resumo
Data  4 de novembro de 2008
Causa  Aínda descoñecida
Lugar  Flag of Mexico.svg Cidade de México
Orixe  Flag of Mexico.svg San Luís de Potosí
Destino  Flag of Mexico.svg Cidade de México
Finados  16
Feridos  40
Aeronave
Tipo de aeronave Learjet 45
Operador  Secretaría de Gobernación
Rexistro  XC-VMC
Pasaxeiros  7
Tripulación  2
Superviventes  0
O lugar do accidente

O 4 de novembro de 2008, unha avioneta modelo Learjet 45XR caía cando se aproximaba ao aeroporto de Cidade de México. No accidente faleceron 14 persoas, entre elas o ministro de interior mexicano, o galego Juan Camilo Mouriño.

A aeronave[editar | editar a fonte]

A avioneta era unha Learjet 45 XR, propiedade do goberno de México. As Learjet 45 son avións pequenos, de 17,68 m de eslora, e 14,57 m de amplitude de ás, e que alcanza unha velocidade de cruceiro de 457 nós. Están fabricadas pola empresa canadense Bombardier Aerospace.

Ten espazo para dúas persoas no posto de mando e 9 pasaxeiros. No avión voaban no momento do accidente 3 tripulantes e 5 pasaxeiros. Fora fabricado no ano 2000 e a súa matrícula era XC-VMC.

Lugar do accidente[editar | editar a fonte]

O pequeno avión facía a viaxe de volta dende o aeroporto Ponciano Arriaga, na cidade de San Luis Potosí ata o aeroporto Benito Juárez de Cidade de México. Despegou ás 17:30 hora local e tiña prevista a aterraxe pouco antes das sete da tarde. Ás 18:42 a torre de control perdeu o contacto co avión, cando este estaba realizando xa a manobra de aproximación á pista.

O avión caeu sobre a estrada Paseo de la Reforma, unha das principais arterias do oeste de Cidade de México á altura do cruce coa rúa Prado Norte, e a escasos metros do bosque de Chapultepec, un dos pulmóns arbóreos da capital mexicana.

As causas[editar | editar a fonte]

Unha primeira hipótese asociou o accidente á reducida distancia entre a avioneta e un Boeing 767 que viaxaba diante, e que puido ser orixe de turbulencias que derrubasen a aeronave[1]. Porén, e tendo en conta o alto perfil político das vítimas, a investigación non descartou[2] un atentado, sucedido precisamente logo de semanas de grandes disturbios no país entre as forzas do estado e bandas de narcotraficantes, que se cobraron 4.200 mortos[3].

Finalmente, as pescudas consideraron que a primeira hipótese era a correcta, e que a escasa distancia entre a avioneta e o avión foi produto da inexperiencia dos pilotos[4].

As vítimas[editar | editar a fonte]

Faleceron 14 persoas, e ata 40 resultaron feridas de diversa consideración. Entre os falecidos estaba toda a tripulación e a pasaxe da aeronave (8 persoas) e seis persoas máis, de distintas nacionalidades, que se atopaban na rúa sobre a que caeu o avión.

Tres dos falecidos ocupaban elevadas posicións na política mexicana. Un era juan Camilo Mouriño, político e economista galego, que nese momento era o ministro da Gobernación (interior) mexicano. Tamén faleceu José Luis Santiago Vasconcelos, alto cargo do ministerio e responsable da loita contra a droga, e Miguel Monterrubio, voceiro do ministerio.

Notas[editar | editar a fonte]