Voo 035 de Garuda Indonesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 035 de Garuda Indonesia
DC-9 semellante ao do accidente
Resumo
Data  4 de abril de 1987
Causa  mal tempo
Lugar  aeroporto Polonia
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Sultán Iskandar Muda
Destino  aeroporto Polonia
Finados  23
Feridos  22
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-9-32
Operador  Garuda Indonesia
Rexistro  PK-GNQ
Pasaxeiros  37
Tripulación  8
Superviventes  22

O voo 035 de Garuda Indonesia era un servizo doméstico operado por Garuda Indonesia que chocou contra un poste e se estrelou na aproximación ao aeroporto internacional Polonia o 4 de abril de 1987. 23 dos 45 pasaxeiros e tripulantes a bordo morreron no accidente.

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello implicado era un Douglas DC-9-32 fabricado en 1976 con rexistro PK-GNQ. O avión quedou danado máis aló da súa reparación.[1]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión atopábase nunha aproximación ILS ao aeroporto de Medan no medio dunha tormenta.[2] O avión golpeou contra cables eléctricos e esnafrouse antes da pista. O avión rompeuse e incendiouse e a sección de cola separouse.[3]

A meirande parte dos superviventes escaparon a través de buratos na fuselaxe e 11 deles foron lanzados fóra do avión.[3] Catro dos oito tripulantes morreron e 19 pasaxeiros sufriron feridas mortais debido á inhalación de fume e a queimaduras.[3] Catro tripulantes e 18 pasaxeiros recibiron feridas graves.[3] Todos os mortos foron resultado do lume e non do impacto do avión contra o chan.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 PK-GNQ Medan-Polonia Airport (MES)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-03. 
  2. "Garuda loses DC-9". Flight International. Consultado o 2019-1-3. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Paper 2002/04 A benefit analysis for Cabin water spray systems and enhanced fuselage burnthrough protection" (PDF). CAA. Archived from the original on 06 de xuño de 2011. Consultado o 2019-1-3.