Vieja Guardia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Vieja Guardia de FET y de las JONS foi unha organización paramilitar​ de extrema dereita que existiu en España durante o réxime franquista.

Historia[editar | editar a fonte]

Apareceu en marzo de 1942, por un decreto-lei que creaba a «medalla de la Vieja Guardia» á que podían acollerse aqueles que foran militantes dos dous partidos mencionados no Decreto de Unificación, Falange Española de las JONS e a Comuñón Tradicionalista.[1]

A fronte desta «Vieja Guardia» quedou un inspector nacional, que respondía ante o secretario xeral de FET y de las JONS.[1] Dependente orgánicamente do partido único, a organización mantivo unha certa autonomía no seo do «Movimiento».[2] Durante a ditadura franquista, igual que ocorriría coa Guardia de Franco ou a Confederación Nacional de Excombatientes, a Vieja Guardia mantivo unha posición inmovilista.[3] Deixou de funcionar como tal a finais da década de 1950, vítima da súa escasa operatividade; segundo José Luis Rodríguez Jiménez, logo da súa desaparición unha parte dos seus membros integrouse en organizacións falanxistas opostas á liña oficial.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]