Västmanland (landskap)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVästmanland

Símbolo oficialVisgo (flores provinciais en Suecia) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 59°45′00″N 16°20′00″L / 59.75, 16.333333333333Coordenadas: 59°45′00″N 16°20′00″L / 59.75, 16.333333333333
EstadoSuecia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación317.864 (2020) Editar o valor em Wikidata (38,3 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie8.300 km² Editar o valor em Wikidata

Västmanland é unha provincia histórica sueca (landskap) no interior da rexión de Svealand. Limita ao sur cos lagos Mälaren e Hjälmaren e as provincias de Södermanland e Närke, ao oeste coa provincia de Värmland, ao norte coas de Dalarna e Gästrikland, e ao leste coa de Uppland.

Västmanland divídese tradicionalmente en Bergslagen e Mälardalen. Dende a antigüidade, a fronteira entre Bergslagen e Mälardalen estaba na antiga casa de pesaxe de Arboga. No ano 2021 a poboación da provincia era de 319 473 habitantes.[1]

Nome[editar | editar a fonte]

Västmanland ou "västmännens land" tomou o seu nome en comparación xeográfica con Uppland, e aparece mencionado no Florenslängden de 1103 na súa forma latina "Guasmannia".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Folkmängd i landskapen den 31 december 2021". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2023-01-09. 
  2. Lovén, Christian (2020). Florenslängder : den äldsta förteckningen över de svenska stiften. Sverige. p. 12. ISBN 978-91-519-3031-2. OCLC 1237776663.