Usuario:P.Lameiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Usuario na Galipedia e en Commons[editar | editar a fonte]

Este nome de usuario é unha conta alternativa de Lameiro.

Teño problemas co meu nome de usuario xa que hai un Lameiro brasileiro rexistrado en Commons, polo que non podo subir alí imaxes co meu nome. Iso obrigoume a rexistrarme alí como P.Lameiro e obrígame tamén a editar en Galipedia con Explorer e co meu nome, e acceder a Commons con Mozilla e co nome de P. Lameiro.

Isto, que non tería máis importancia que a tabarra de ir de ventá en ventá, complícase ás veces cando inadvertidamente abro a miña sesión de Commons en Explorer, porque a partir de entón as miñas edicións en Galipedia van tamén co nome de P. Lameiro.

En calquera caso, non se trata, xa que logo, de detentar dous nomes de usuario. Salvo esas ocasións nas que non me dou de conta (e que procuro evitar, como é lóxico), tódalas miñas edicións na Galipedia foron e serán como Lameiro; así como tódalas fotos que subo a Commons fareino como P.Lameiro.

Quería deixar explicado aquí esta nova versión do doutor Jekyll e mister Hyde, e evitar interpretacións erróneas.