Usuario:O Trasno Teatro Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A nosa historia


1980 A finais deste ano, constitúese a Sociedade Teatral O TRASNO. 1980-86 Animación teatral en colexios EXB con nenos/as de 5 a 14 anos. 1981-83 “¿Cousas de onte?”, “O pauto de San Formoso do Monte” e outras de J. Antonio Rodríguez, primeiro director do grupo. Desta época non existe documentación escrita. 1984 Curso de Dirección de Escena – UNED – Pontevedra. 1985 Curso de Títeres e Guiñol – Universidade Popular – Vigo. Curso de Expresión Corporal – Universidade Popular – Vigo. Curso Monográfico Valle Inclán – Universidade Popular – Vigo. 1986 “Parodias” de J. Antonio Rodríguez. Intégrase, como primeira actividade cultural, na Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva NAUTILIUS de San Andrés de Comesaña. Curso Máscara e Cabezudos – CRAC Coruxo – Vigo. Curso Expresión dinámica e plástica – E.D.G. – Vigo. “A Farsa do Avogado”. Comparsa de Entroido “O 600 e a súa época”. 1988 Troca o seu nome polo actual O Trasno Novo Teatro, e asume a dirección do mesmo Xaime Costas. “¿Home!” dende novembro do 88 a abril do 92. 1989 Comparsa de Entroido “O Trasnomóbil”. Participación no I Certame de Teatro Coia 89 en Vigo. Convivencia experimental en Valladares – Vigo con Rena Mirewzka do “Grotowski”. 1990-93 Animación teatral en colexios de EXB e FP. Estudio de textos clásico-gregos para posible montaxe. Creación de outros grupos de teatro: “Rascazanfoñas”, “Xente nova” e “Vedruna”. 1991 Participación na 1ª Mostra de Teatro Galego-Portugués – A Coruña.

1992 Participación nos Festivos no Casco Vello – Vigo. 1993 “Vinganza ou Xustiza” (A Orestiada), o traballo dos dous anos anteriores. 1995 Creación de PLATEA (Plataforma de Teatro Afeccionado). Espectáculo para o Día Mundial do Teatro. “Grito de Esperança”. 1996 “Vacacións para sempre”, obra de teatro infantil que segue a representarse actualmente. 1997 Obradoiro de teatro por Iroshi Arai – Cuba. Expresión corporal por Xela Estarque. Curso de Foniatría. Xornadas do Ensino-ASPG. “Figuras”, espectáculo de animación. 1998 Técnicas de relaxación con Sonia Vallejo e Tomás Lerma. “Benvidos ó teatro”, espectáculo de animación. “Maresol”, espectáculo para praia. “Unha muller, unha historia”, adaptación dun texto de Gabriel García Márquez. 1999 Comparsa de Entroido “O Soldadiño de chumbo”. Animación infantil “A Estatua”. I Congreso de Estudios teatrais – Vigo. Cursos (varios) de Apreciación Musical – Vigo – Faustino Núñez.



2000 Animación infantil “Contos”. Taller de teatro Piroka’s Teatro. Xornadas (varias) do Consello da Cultura Galega – Santiago. Constitución da FEGATEA – Federación Galega de Teatro Afeccionado. Curso de Foniatría – Universidade de Vigo – Pablo Rodríguez. Comparsa de Entroido “20.000 leguas de viaxe submarino”. “Foreber” de Raúl Dans. Conmemoración dos “20 anos de teatro” do Grupo. 2001 Animación infantil “Aldea Mangala I”. Adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro “O incerto señor don Hamlet príncipe de Dinamarca”. 2002 Animación infantil “Aldea Mangala II”. Espectáculo do “Día das Letras Galegas” xunto cos dous Grupos de Pandereteiras de San Andrés de Comesaña. Curso Técnicas de Teatro – Santiago – Eduardo Alonso. Participación de “Foreber” no III Festival Español de Teatro Amateur en Zamora e no I Festival Agustín Magán en Santiago. 2003 Cursos de Maquillaxe e efectos especiais con Spencer FX en Vigo e “Paspallás” na Escola de Tempo Libre en Pontevedra. “Vixía”, obra de creación propia. Curso Creación do personaxe – Vigo – Gabriel Molina de “Cafiolos”. Participación de “Vixía” no II Festival Agustín Magán en Santiago. Participación de “Vixía” na II Semana de Teatro Afeccionado de Vigo. 2004 “...muller ¿que?”, monólogo sobre un texto de Sergi Belbel. 2005 Refundición dos textos de “Aldea Mangala I e II”, nun novo espectáculo infantil. Curso de Técnica Vocal en Narón (A Coruña) con Mónica de Nut. Participación de “Vixía” no IV Encontro Estatal de Teatro Afeccionado en Narón (A Coruña), en representación da FEGATEA. Celebración do 25 aniversario do Grupo. 2006 Preparación e estrea da obra de creación propia “D2N23”.


2007 Creacion da 1ª Mostra de Teatro Aficcionado San Andres de Comesaña (Vigo)