Usuario:Maañón/propostas/asuma a boa fe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
o seguinte artigo traducino da wiki portuguesa, paréceme interesante poñelo nalgun sitio como recomendacion, igual que fan noutras wikis, pois alguns dos malentendidos, que se multiplican ao non ver as caras da xente, veñen por isto.

Asumir a boa fe, presupoñer a boa fe, é un principio fundamental en calquera ambiente colaborativo, así como en calquera wiki, incluíndo a Wikipedia. Como permitimos a edición por calquera persoa, asumimos que a maioría das persoas que traballan no proxecto están a tentar axudar o proxecto, non prexudicalo. Se isto non fose verdade, un proxecto como a Wikipédia estaría condenado desde o principio.

Así, cando se poida asumir que algo é un erro ben intencionado, corríxeo en vez de simplesmente revertilo ou chamalo vandalismo. Cando discordes de alguén, lembra que el probabelmente considera que está a axudar no proxecto. Considera usar as páxinas de discusión para te explicares e dalle aos outros a oportunidade de facer o mesmo. Desta forma podemos evitar malentendidos e prevenir a escalada dos problemas. Debes ser particularmente paciente cos novatos, que estarán pouco familiarizados coa cultura e as regras da Wikipedia.

O comportamento irregular dun principiante parécelle apropiado a el mesmo e normalmente indica o descoñecemento ou a mala comprensión da cultura da Wikipedia. É frecuente que un principiante considere que unha política que non lle é familiar deba alterarse para adaptarse á súa experiencia noutro sitio. Do mesmo xeito, moitos novatos traen canda si experiencia e coñecementos dos cales esperan respecto. Os comportamentos resultantes destas espectativas non son necesariamente malévolos.

Asumir a boa fe é sobre intencións, non sobre accións As persoas ben intencionadas cometen erros, e debes corrixilas cando o fan. O que non debes facer é actuar como se o seu erro fose deliberado. Corríxeo pero non o castigues. Haberá persoas na Wikipedia coas cales non concordas. Mesmo que estas estexan erradas, iso non significa que elas estexan a tentar estragar o proxecto. Haberá incluso persoas coas cales encontrarás que é difícil de traballar. Iso pode significar simplemente que tales persoas non teñen afinidade contigo. Non é necesario que atribuamos a un editor accións por mala fe, ainda que esa mala fe sexa (aparentemente) obvia. Todas as nosas contramedidas (por exemplo: reverter, bloquear) poden realizarse en base a comportamentos e non a intencións.

Claro que existe unha diferenza entre asumir a boa fe e ignorar as malas accións. Se esperas que as persoas asuman en ti a boa fe, asegúrate de demostralo. Non coloques a obriga nos outros. Berrar "asume a boa fe" ás persoas non te desculpa de non explicares as túas accións, e tornar esta falta de explicación nun hábito convencerá as persoas que estás a actuar de mala fe.

Cando unha guerra de edicións arrecia, é fácil esquecérmonos de asumir a boa fe.

Se asumes a mala fe, poden acontecer, por exemplo:

  • Ataques persoais: Unha vez que realizas un ataque persoal, o branco probabelmente asumirá a mala fe en ti. A guerra de edicións tornarase aínda pior. As persoas, tal como os elefantes, raramente esquecen.
  • Perder de vista a política de NPOV (punto de vista neutro). O ideal é facer os artigos aceptábeis para todos. Cada reversión (en vez de cambio) dunha edición sesgada é unha derrota do NPOV, non importa o estrondosa que fose a edición. Considera descubrir porqué a outra persoa sentiu que o artigo estaba sendo sesgado. Entón, se é posíbel, tenta integrar o teu punto de vista, pero nos termos que ti consideres neutro. Se cada lado practica isto entón atoparedes o NPOV ou algo máis ou menos parecido.

Corrixir o erro dalguén (mesmo que pense que é deliberado) é mellor que acusalo de mentir, pois a persoa non reaccionará ben á acusación. Correxir unha frase engadida que sabes que está errada é moito mellor que simplemente borrala.

Esta recomendación non requere que os editores sigan crendo na boa fe ante a proba do contrario. O vandalismo, os ataques persoais e as guerras de edición poden causar a perda da boa fe.

Olla tamén[editar | editar a fonte]

en inglés

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]