Usuario:Maañón/propostas/Mision e obxectivos da Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propósito[editar | editar a fonte]

Este artigo non pretende ser un ensaio, nin definir mision e/ou obxectivos, pero si pretende que, ainda que por 5 minutos, pensemos cara onde queremos ir no proxecto (o proxecto en si non vai a ningunha parte, son os participantes os que o moven e se moven con el).

Introducion[editar | editar a fonte]

Para que un barco chegue ao porto de destino, primeiro será necesario definir ese destino. Se bogamos no mesmo barco cada un tratando de levalo a un destino distinto, nunca chegaremos a ningun porto, e o que é pior: acabaremos zoupándonos cos remos. Unha vez definido o destino, deberemos acordar a ruta a levar, hai moitas rutas a seguir para chegar, unhas mais comodas e outras menos. Nun proxecto filantropico/colaborativo como este, unha forma de "remar" que non sexa cómoda e divertida (que non motive) implicará que os remeiros abandonen o bote (isto pasa moito, non me refiro ao abandono dos "caudillos", senon o abandono dos remeiros, que son os que reman).

Pois ben, nun proxecto é igual. O destino é a mision, e a ruta son os obxectivos a curto/medio prazo. Polas discusions que lin, nin mision nin obxectivos están claros. Uns danlle mais importancia por exemplo á cantidade de artigos, outros a cualidade, outros á profundidade, etc, mentres que outros danlla á experiencia humana que hai tras deste proxecto.Todos son válidos mentres non hai unha mision. Non pretendo eu definir a mision, pero si indicar que é necesario tela.

En canto aos obxectivos a curto/medio prazo, tamén é fundamental telos claros. Agora hai quen coida (incluíndome) que é bon democratizar o proxecto, contar coa participación de todos e a transparencia, mentres que hai outros que coidan que é mellor deixar todo como está, que "isto vai ben, para que cambialo". Os obxectivos duns e doutros son válidos, pois non remamos cara un destino definido.