Usuario:Elisardojm/Guión videotitorial Tradutor de contido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este é un guión para un videotitorial do Tradutor de contido.


Imaxe: Pantalla inicial da Galipedia sen conectarse.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como se usa a ferramenta do Tradutor de contido da Galipedia. As vantaxes desta ferramenta son que integra un tradutor automático, que mantén o formato wiki e traduce tamén as ligazóns ós artigos en caso de que existan na Galipedia.

Imaxe: Proceso de conexión do usuario.
Son: O primeiro que hai que facer é acceder coa nosa conta indicando o noso usuario e contrasinal.

Imaxe: Proceso de activación do Tradutor de contido.
Son: O seguinte paso, se non o temos feito xa, é activar a ferramenta nas nosas preferencias. Temos que ir á pestana "beta" e aí buscar a ferramenta de "Tradución de contido". Marcamos o seu cadro e gardamos.

Imaxe: Ir a contribucións, amosar o menú e seleccionar Traducións.
Son: Agora xa podes usar a ferramenta, podes acceder a ela na ligazón de "contribucións", seleccionando "Traducións".

Despois de configurar[editar | editar a fonte]

Imaxe: Amosar os botóns de nova tradución, suxestións, en progreso e publicadas.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como se usa a ferramenta do Tradutor de contido da Galipedia. Na ferramenta podemos comezar unha nova tradución, ver as suxestións de tradución, continuar unha tradución que teñamos sen rematar, ou revisar as traducións que xa temos publicadas.

Imaxe: Prememos no botón de "Nova tradución", logo prememos na lingua e escollemos castelán, no buscador poñemos o nome do artigo q queremos traducir, e cando apareza podemos seleccionalo para pasar á pantalla de tradución.
Son: Se sabemos o nome do artigo que queremos traducir, a forma máis sinxela de facelo é premendo no botón de "Nova tradución". Primeiro temos que seleccionar a lingua dende a que queremos traducir e logo no buscador poñemos o nome do artigo e seleccionámolo. Deste xeito xa pasamos á pantalla de tradución.

Imaxe: Amosamos as tres columnas que ten a ferramenta.
Son: A pantalla de tradución contén tres columnas, a da esquerda contén o artigo orixinal, a central contén a tradución que estamos facendo, e a da dereita amosa instrucións e diferentes ferramentas.

Imaxe: Ensinar como traducir un parágrafo.
Son: Podes engadir parágrafos á tradución simplemente premendo xunto a eles, isto creará unha tradución automática engadindo as ligazóns do artigo orixinal.

Imaxe: Arranxar algunha cousa no texto.
Son: Hai que revisar cada parágrafo para comprobar que a tradución é correcta. Para facer calquera arranxo só temos que modificalo no texto.

Imaxe: Traducir unha foto.
Son: A tradución dos pés de foto fanse do mesmo xeito que o resto do texto, premendo xunto a elas na columna central.

Imaxe: Amosar os tradutores dispoñibles e seleccionar varios.
Son: Na caixa de selección de "Tradución inicial", podemos cambiar o tradutor que se está a usar, manter o texto orixinal ou poñer un parágrafo en branco para traducilo nós completamente.

Imaxe: Marcar unha ligazón en gris e darlle ó botón de que falta, ensinar que liga co artigo co título en galego.
Son: Se unha ligazón do artigo orixinal non existe na Galipedia, aparecerá en cor gris. Se queremos que no noso artigo apareza en vermello, temos que premer nesa palabra e logo, na ferramenta da dereita, premer no botón "Indicar que falta". Neste caso temos que revisar que a ligazón apunte ó artigo co título en galego, nalgúns caso pode ser que o título non sexa correcto.

Imaxe: Amosar o artigo dunha ligazón.
Son: Podemos ver o artigo ó que apunta unha ligazón premendo sobre ela. Iso fai que a súa información apareza na caixa da dereita. É importante revisar as ligazóns para asegurarse que ligan co artigo correcto, xa que nalguns casos a ferramenta non escolle o artigo axeitado.

Imaxe: Apuntar á papeleira da ligazón e premer no botón editar. Logo premer en cancelar.
Son: Podemos eliminar unha ligazón dándolle á icona da papeleira. Se queremos modificar o artigo ó que apunta, só temos que premer no botón de "Editar" e cambialo.

Imaxe: Seleccionar unha palabra e darlle á cadea. Logo buscar un artigo e ligalo.
Son: Podemos engadir novas ligazóns. Para iso seleccionamos a palabra a ligar, logo prememos na icona da cadea e despois, na caixa de abaixo, tecleamos o artigo ó que queremos que ligue. Para rematar o proceso hai que premer no botón "Feito".

Imaxe: Modificar o texto dunha ligazón.
Son: Podemos modificar o texto dunha ligazón editándoo coma no resto do artigo.

Imaxe: Apuntar ás ferramentas.
Son: Na parte superior da dereita, temos as ferramentas habituais de desfacer e refacer, engadir letras grosas e cursivas, listas e citas.

Imaxe: Traducir a sección de referencias e cambiarlle o nome a notas.
Son: Temos que traducir tamén a sección de referencias. O que fai o programa neste apartado é cambiar os modelos que se usan na wiki de orixe polos da Galipedia. Na Galipedia a esa sección chamámoslle "Notas" e por iso temos que cambiarlle o nome.

Imaxe: Traducir as seccións de bibliografía e ligazóns externas.
Son: Tamén temos que traducir as seccións de "bibliografía" e "ligazóns externas".

Imaxe: Traducir un modelo baleiro.
Son: Os modelos que haxa no artigo tradúcense do mesmo xeito que o resto de contidos. Se algún modelo do artigo orixinal non existe na Galipedia, non se traducirá nada, debes deixalo así, haberá que engadir o modelo axeitado despois de publicar o artigo.

Imaxe: Sair da páxina, volver a entrar no tradutor e seleccionar o artigo de traballo.
Son: Se queremos facer unha pausa na tradución, podemos pechar a páxina e continuar noutro momento, a ferramenta garda o traballo realizado e permite continualo máis adiante. Para reanudalo, tan só hai que abrir de novo a ferramenta de tradución, premer no botón "En progreso" e seleccionar a tradución na que queremos seguir traballando.

Imaxe: Amosar as opcións de onde publicar e sinalar o botón de publicar.
Son: Para publicar o traballo primeiro temos que seleccionar se queremos pasalo ó espazo principal ou a unha subpáxina persoal para seguir revisándoo. Despois só hai que premer no botón "Publicar".

Son: Antes de realizar a publicación definitiva, non esquezas realizar unha última lectura do artigo completo para garantir a corrección lingüística e a coherencia do texto. Se precisas máis axuda podes deixar un comentario na Taberna e alí resolveremos as dúbidas que teñas. Moitas grazas!