Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASOCIACIÓN DE AMIGAS E AMIGOS DA GALIPEDIA E DO COÑECEMENTO LIBRE (A3GAL)
ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Celebrada o día 9 de marzo de 2019 no Centro Cívico Colón de Ourense ás 17:30 cos seguintes puntos do día:

  1. Pasos administrativos realizados para a constitución da asociación e seguintes tarefas a realizar
  2. Establecemento das cotas de socios
  3. Posibles proxectos para o 2019
  4. Rogos e preguntas

Desenvolvemento da reunión[editar | editar a fonte]

1. Pasos administrativos realizados para a constitución da asociación e seguintes tarefas a realizar

  • Xa se presentaron os estatutos no Rexistro da Xunta de Galicia
  • Falouse da adaptación á LOPD, que hai que simplificar a páxina web e o proceso de alta de socios. Hai que solicitar axuda a Probono.

2. Establecemento das cotas de socios.

  • Estableceuse unha cota de socio de 5 euros anuais, con recomendación de que se abonen 12 euros.

3. Posibles proxectos para o 2019

  • Falouse pouco tempo dos proxectos propostos, chegando á conclusión de que había que seguir desenvolvéndoos.

4. Rogos e preguntas

  • Acordouse preguntar á Fundación Wikimedia se unirnos como Grupo de Usuarios.
  • Asignáronse tarefas pendentes a diferentes membros da Xunta Directiva.


E sen máis temas a tratar levántase a sesión ás 20:00 horas, do que eu como secretario, dou fe.




O Secretario,                                        O presidente,
Vitor Fresco Barbeito                             Elisardo Juncal Muñiz