Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta Xunta Directiva marzo 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ASOCIACIÓN DE AMIGAS E AMIGOS DA GALIPEDIA E DO COÑECEMENTO LIBRE (A3GAL)
ACTA DA XUNTA DIRECTIVA

Reunidos en Santiago de Compostela, a 9 de marzo de 2019, ás 17:30 h., en primeira convocatoria, coa asistencia de tódolos seus membros, a Xunta Directiva tratou e acordou as seguintes cuestións:

Orde do día[editar | editar a fonte]

  1. Pasos administrativos realizados para a constitución da asociación e seguintes tarefas a realizar
  2. Rogos e preguntas

Desenvolvemento da reunión e acordos adoptados[editar | editar a fonte]

  1. O presidente e o secretario informan de que os estatutos xa foron presentados no rexistro da Xunta de Galicia e de que está a buscarse información para abrir unha conta bancaria para a asociación, procurando a entidade que dea as mellores vantaxes e menores custos. Coméntase que outro paso necesario é preparar un formulario de alta de socios.
  1. Non hai rogos nin preguntas.


E sen máis temas a tratar levántase a sesión ás 18:30 horas, do que eu como secretario, dou fe.




O Secretario,                                        O presidente,
Vitor Fresco Barbeito                             Elisardo Juncal Muñiz