Óso lacrimal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ungüe")

O óso lacrimal, tamén chamado ungüe, é un óso da faciana, que contribúe a formar a órbita e as fosas nasais.

Estrutura do óso[editar | editar a fonte]

É un óso pequeno, con dúas caras e catro bordos.

  • Cara interna: forma parte da parede externa das fosas nasais. Por diante ten a porción vertical do maxilar superior e por detrás ás masas laterais do etmoide.
  • Cara externa: forma parte da parede interna da órbita. É un espazo moi pequeno, na que atopamos o burato superior do conduto lacrimal.
  • Bordo superior: artéllase coas apófises orbitarias internas do frontal.
  • Bordo inferior: ás veces chega ata o cornete inferior ou cuncha.
  • Bordo anterior: artéllase coa porción vertical do maxilar superior.
  • Bordo posterior: artéllase coa parte anterior das masas laterais do etmoide.

Suturas do lacrimal[editar | editar a fonte]

  • Por riba: co frontal.
  • Por debaixo: co cornete inferior ou cuncha.
  • Por diante: co maxilar superior.
  • Por detrás: co etmoide.

Insercións musculares[editar | editar a fonte]

Só se insiren dous músculos:

  • Músculo orbicular das pálpebras.
  • Músculo de Horner

Véxase tamén[editar | editar a fonte]