Un viaje por Galicia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un viaje por Galicia é un filme documental rodado por Luis Rodríguez Alonso en 1929 para ser exhibido na Exposición Iberoamericana de Sevilla, así e todo non foi montada polo seu director xa que faleceu despois da súa rodaxe. Encargada polo comisario do Pavillón de Galicia, foi subvencionada polas deputacións galegas, o que causou polémica na prensa galega, xa que o autor era palentino e rexeitárase un proxecto similar do galego José Gil y Gil. Foi a primeira cinta que restaurou o Centro Galego das Artes da Imaxe (1991)

Ferramentas persoais