Txatxarramendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Illa de Txatxarramendi (Txatxarramendi Uhartea, Illa de Montenegro) é unha pequena illa española de 2'7 hectáreas situada fronte ás costas de Sukarrieta) (Biscaia), no complexo intermareal da boca da ría de Mundaca. A illa acolle a sede do Instituto de Estudos Oceanográficos do Goberno basco, que ocupa os edificios dun antigo hotel-balneario de luxo (en activo desde 1896 ata 1947). Está unida a terra por unha ponte, aínda que as amplísimas baixamares fan que moi a miúdo a illa estea totalmente rodeada de area, unida tamén así a terra. Posúe un xardín botánico atravesado por varios carreiros peonís e conta con dous pequenos embarcadoiros.