Transamundo I
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Transamundo I ou Trasimundo I foi conde de Capua e despois Duque de Spoleto entre 663 e 703. Foi fiel seguidor de Grimoaldo I de Benevento.
Traxectoria [editar]
Transamundo axudou a Grimoaldo a usurpar o reino dos longobardos. A cambio, Grimoaldo deulle á súa filla en matrimonio e concedeulle o ducado de Spoleto tras a morte de Attón. Transamundo gobernou xunto co seu irmán Wachilapo. Sucedeuno o seu fillo Faroaldo II tras un reinado de corenta anos.
Fontes [editar]
- Paulo Diácono. Historia Langobardorum.
- Hodgkin, Thomas. Italy and Her Invaders. Volume VI.