Tragovi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tragovi
Ficha técnica
Título orixinalTragovi
DirectorDubravka Turic
GuiónDubravka Turic
Danijel Zezelj
MúsicaJonas Jurkunas
FotografíaDamjan Radovanovic
MontaxeDubravka Turic
EstudioKinorama
Tremora
Corona Film
Estrea2022
Duración98 minutos
OrixeCroacia Croacia
Lituania Lituania
Serbia Serbia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt22247236 Editar o valor em Wikidata

Tragovi é un filme croata de 2022 dirixido e coescrito por Dubravka Turic. Foi escollido como candidato de Croacia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Tras a morte do seu pai, a científica Ana loita contra unha crise de identidade, ao ser o último membro dunha familia outrora numerosa. Os cambios no seu interior reflíctense de súpeto na realidade -soidade, crise, emigración- e a súa investigación científica sobre os símbolos místicos e as pegadas humanas deixadas na pedra entrelázanse misteriosamente coa súa vida ata que recupera a confianza en si mesma.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Marija Skaricic como Ana
  • Niksa Butijer como Jozo
  • Lana Baric como Vera
  • Mate Gulin como Padre
  • Tvrtko Juric como reporteiro de TV
  • Dragan Micanovic como Andrija
  • Tanja Smoje como Danci
  • Marina Redzepovic como Lana
  • Aleksandra Naumov como Mateja
  • Barbara Nola como doutor

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "VIDEO: Film 'Tragovi' selected as Croatian Oscar candidate". Croatia Week. 6 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]