Tomorr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°42′33″N 20°08′30″L / 40.709089, 20.141802

Tomorr ao lonxe

O Monte Tomorr é unha montaña do centro-sur de Albania. O seu pico, denominado Çuka e Partizanit, acada os 2416 m. Atópase ao leste das poboacións de Berat e Poliçan, como tamén do río Osum.

Antigamente, a contorna de Tomorr (en grego Άμυρον Amyron) estivo habitada por dexaris, unha tribo do Epiro que pertencía ao grupo caonio[1][2]

Tomorr

Segundo as lendas albanesas, Tomorr foi un xigante que leou con outro xigante chamado Shpirag por unha moza. Os dous xigantes matáronse entre eles, e cando oíu isto a moza, esta afogou nas súas bagoas formando o río de Osum.[3]

Forma o Parque Nacional do Monte de Tomorr (en albanés:Parku Kombëtar i Malit të Tomorrit) que ocupa unha área de 4.000 ha.

Tamén é un lugar de culto para os bektashis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nicholas Geoffrey Lemprière Hammond, Guy Thompson Griffith. A History of Macedonia: Historical geography and prehistory. Clarendon Press, 1972, p. 92.
  2. Lewis, D. M.; Boardman, John (1994). The Cambridge ancient history: The fourth century B.C. Cambridge University Press. p. 423. ISBN 9780521233484. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  3. A dictionary of Albanian religion, mythology and folk culture, Robert Elsie, C. Hurst & Co. Publishers, 2001, ISBN 1-85065-570-7, p. 253.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]